Bandeira
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bandeira (homónimos).
Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se pendura dunha driza, e que se emprega para identificar unha persoa (guión, estandarte, bandeira persoal, bandeira de rango, etc.), ou grupo de persoas (bandeira nacional, Nacións Unidas, a Unión Europea, a OTAN e a Cruz Vermella, por citar uns exemplos).
Tamén se emprega para transmitir sinais (como un semáforo), especialmente na navegación marítima). O estudo das bandeiras coñécese como vexiloloxía.
O primeiro país en ter bandeira oficial foi Dinamarca co Dannebrog.