Premios Nobel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
PREMIOS NOBEL
Alfred Bernhard Nobel

Os Premios Nobel foron instituídos por Alfred Nobel, un industrial sueco, inventor da nitroglicerina. Son atribuídos anualmente no día 10 de decembro, aniversario da morte de Alfred Nobel, ás persoas que fixeron investigacións importantes, inventaron técnicas pioneiras, ou deron contribucións destacadas á sociedade.

Inicialmente eran concedidos pola Fundación Nobel, cos cartos cedidos por Alfred Nobel. Son propostas por institucións nacionais e internacionais e outorgados pola Real Academina Sueca correspondente.

As Matemáticas non dispoñen dun premio correspondente, polo que foi creado o Premio Abel en Noruega como correspondente ós Premios Nobel.

Alfred Nobel ficou sorprendido ao ver a edición dun xornal que falaba da morte do seu irmán como sendo a súa, e inventou unha forma de lembrarse. Creou premios para que fosen concedidos a aqueles que serviron ao ben da Humanidade, máis propiamente a aqueles que proporcionaron á Humanidade beneficios no campo da física, química, fisioloxía ou medicina, literatura e paz. Nobel nunca creou un premio para Economía , aínda que moitos economistas famosos afirman ter recibido o Nobel de Economía. Véxase máis abaixo.

A primeira entrega dos premios[editar | editar a fonte]

A primeira cerimonia que concedeu os Premios Nobel en literatura, física, química e medicina ocorreu no Conservatorio Real de Estocolmo en 1901, entregándose o Premio Nobel da Paz en Oslo. Desde 1902, os premios concédeos formalmente o rei de Suecia. Porén a entrega do Premio Nobel da Paz dáse en Oslo, sendo presidida polo rei de Noruega.

O rei Óscar II inicialmente non aprobou que os premios fosen concedidos a estranxeiros, mais mudou de ideas despois de comprender o valor da publicidade que os premios darían ao seu país.

Os Premios[editar | editar a fonte]

Stockholm Konserthuset (Concert Hall), onde acontece a cerimonia de entrega dos premios Nobel e Polar Music.

Os Premios concédense nunha cerimonia formal en Estocolmo, anualmente o 10 de decembro, a data en que Alfred Nobel faleceu. Exceptuase o Nobel da Paz, que se entrega en Oslo. Entretanto, os nomes dos persoas laureadas anúncianse en Outubro polos diferentes comités e institucións que realizan a selección para os premios. A Fundación Nobel, a entidade administradora dos fondos do premio, con sede en Estocolmo, non está envolvida na selección dos vencedores.

O premio consiste nunha medalla de ouro, un diploma coa citación da condecoración e unha suma en diñeiro que varía de acordo cos rendementos da Fundación Nobel, que ronda os 10 millóns de Coroas suecas (máis dun millón de euros ou dólares). A idea orixinal era permitir que as persoas laureadas continuasen a traballar ou investigar, sen presións financeiras.

Os premios concédense anualmente desde 1901 para realizacións en:

O Premio Nobel concédese baixo varias condicións: un premio pode ser gaño individualmente ou repartido entre até tres persoas no máximo, ou pode non ser concedido en determinado ano, o que permite a concesión de dous premios da mesma categoría no ano seguinte. Alén diso, o premio, nun determinado campo, pode aínda non ser concedido por un certo número de anos, caso que ocorreu máis frecuentemente co Premio Nobel da Paz .

En 1968, o Sveriges Riksbank, o banco central da Suecia, instituíu o "Premio de Ciencias Económicas en memoria de Alfred Nobel", que é incorrectamente referido polos economistas como un "Premio Nobel de Economía". Este premio non ten ningunha ligazón con Alfred Nobel, non sendo pagado co diñeiro privado da Fundación Nobel, mais con diñeiro público do banco central sueco. Os vencedores deste premio son tamén seleccionados pola Academia Sueca Real de Ciencias, sendo galardoado o primeiro vencedor en 1969. A frase estratéxica en memoria de Alfred Nobel é a causadora da confusión. A familia Nobel non acepta o premio como tal e en 1968, a decisión tomouse de non se introduciren máis premios en memoria de Nobel no futuro. Nobel foi un empresario criticado pola súa produción de produtos bélicos e de ter sido un monopolista, e é curioso que o teñan homenaxeado por estes feitos. En todo o caso, o "premio Nobel de Economía" entrégase na mesma ocasión que os premios orixinais.

En 1991, creouse o premio Anti-Nobel (Ig-Nobel), fundado por Marc Abrahams, tamén sen ningunha ligazón con Alfred. O premio distingue traballos que non poden ou non deben ser reproducidos, representando a oportunidade de reunir na Universidade Harvard un serie de científicos. Existen os Ig-Nobel da Paz e o de Medicina e doutras disciplinas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]