Bando nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa de España aos dous meses da rebelión militar (agosto-setembro de 1936).
Bandeira do bando nacional de 1936 a 1938.
Vista parcial do Arco da Vitoria de Madrid.

Bando nacional foi o nome co que se autodenominaron os sublevados, a raíz da sublevación do 18 de xullo de 1936 contra o Goberno da Segunda República Española, formado tras o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro dese ano, e que daría orixe á Guerra Civil Española (1936-1939).

Base sociolóxica[editar | editar a fonte]

O bando nacional era apoiado fundamentalmente polas clases conservadoras, profesións liberais[Cómpre referencia] e sectores relixiosos. Tivo maior aceptación nas zonas rurais[Cómpre referencia] e en rexións de corte conservador, como Castela a Vella, Navarra, Galicia[Cómpre referencia], a provincia de Cáceres e parte de Andalucía. No político este bando era un conglomerado de partidos e organizacións en moitos casos con ideoloxías opostas e incluso enfrontadas, tales como conservadores (CEDA), radicais de Lerroux (liberais), católicos, falanxistas, monárquicos (agraristas) e carlistas (requetés).

Apoios internacionais[editar | editar a fonte]

O seu apoio exterior veu das que serían denominadas potencias do Eixo europeas na Segunda Guerra Mundial, o Reino de Italia, a Alemaña nazi e pequenos continxentes de voluntarios de outros países, como Irlanda, Polonia ou Portugal que ademais permitiu o paso de suministros alemáns a través dos seus portos, así como de rusos brancos, opostos ao réxime soviético da URSS. O exército sublevado contou tamén con abundantes tropas de choque procedentes do que entón era o Marrocos español.