Luis Moure Mariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Luís Moure Mariño»)
Infotaula de personaLuis Moure Mariño
Biografía
Nacemento1915 Editar o valor em Wikidata
Escairón, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de novembro de 1999 Editar o valor em Wikidata (83/84 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Formación profesionalDereito
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoEnsaio, novela
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsPablo Moure Mariño Editar o valor em Wikidata
Premios

Bitraga: 415 Dialnet: 2635679

Luis Moure Mariño ou Luis Moure-Mariño, nado en Escairón (O Saviñao) en 1915 e finado na Coruña o 6 de novembro de 1999,[1] foi un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudante de Dereito en Madrid, cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Moure Mariño militaba na Falange[2] e incorporouse como propagandista do bando franquista, colaborando en Azul. Despois desprazouse a Burgos, onde Franco montou a capital dos sublevados. Ao remate da guerra seguiu estudando dereito, pero continuou tamén os seus labores como xornalista. Foi profesor axudante de dereito político en Madrid ata que regresou a Galicia como notario.

De ideoloxía conservadora, colaborou en numerosos xornais galegos como El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia. Tamén foi cronista oficial da vila de Monforte desde 1997.[3]

En 1990 foi condecorado coa medalla Castelao.

Obra[editar | editar a fonte]

En castelán[editar | editar a fonte]

Como escritor publicou a maior parte da súa obra en castelán: ensaios como Perfil humano de Franco (1938), Galicia en la guerra (1939), La desigualdad humana (1983), La generación del 36: Memorias de Salamanca y Burgos (1989), Ultimas cartas de amor (1992), novelas como Fantasías reales: memorias de un protocolo (1961), traducido ao galego en 1983 como Fantasías reais : almas dun protocolo, e relatos como La corona de fuego y otras historias (1991).

En galego[editar | editar a fonte]

En 1970 publicou o seu primeiro libro en galego, Sempre matinando ao que seguiron en 1980 Arredor da lareira (Ediciós do Castro) e en 1990 Un feixe de contos.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

O seu irmán, Pablo Moure Mariño, foi deputado no Parlamento de Galicia entre 1981 e 1985.

Notas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
José Luis Balado Pérez
 Cronista de Monforte de Lemos 
1997 - 1999
Sucesor:
Margarita Rodríguez Otero