Fundación Otero Pedrayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa-Museo Otero Pedrayo, sede da Fundación

A Fundación Otero Pedrayo é unha fundación cultural que ten como obxectivo o mantemento e promoción da memoria colectiva sobre Ramón Otero Pedrayo, o chamado "Patriarca das Letras Galegas", a través da custodia da súa Casa-Museo de Trasalba (Ourense).

Índice

Organización [editar]

Ramón Otero Pedrayo deixou unha manda no seu testamento pola que legaba a súa Casa Grande de Trasalba a Galicia, representada ao efecto pola Editorial Galaxia. Para cumprila creouse unha Fundación Cultural que foi recoñecida por Orde Ministerial do 19 de xullo de 1979 e, como Fundación de Interese galego, por orde da Xunta de Galicia.

Actividades [editar]

A Fundación promove unha Asociación de Amigos de Otero Pedrayo e realiza actividades que xiran ao redor da celebración dunha festa anual na que se entrega, ininterrompidamente dende 1983, o Premio Trasalba a senlleiros valedores da cultura galega.

Publicacións [editar]

O Patronato da Fundación edita publicacións relativas á cultura galega.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]