Ánxel Johán

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Ángel González López (Ánxel Johán) (Lugo 1901 - Madrid 1965). Escritor e pintor galego.
Estudou bacharelato na súa cidade natal, en 1918 ingresou no corpo de Telégrafos en 1918 e en 1932 foi destinado ás Canarias, militante de Izquierda Republicana foi detido ao comezo da Guerra Civil española por cursar un telegrama informando da saída de Franco cara Marrocos, permanece no cárcere ata 1942, eses anos pásaos escribindo e traducindo a William Shakespeare. En 1948 volveu a Lugo, traballou nunha empresa da construción e máis tarde como profesor de debuxo do Círculo das Artes. Francisco Fernández del Riego incluíuno na súa Escolma da Poesía Galega en 1955. Colaborou nas publicacións Ronsel e Yunque e con Manuel María creou a colección Xistral. Morreu de cancro de lingua em 1965.

En 1991 publicouse postumamente Sonetos de vida e morte, onde se recolle a súa produción poética en galego.

Ferramentas persoais