Solfexo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Na música occidental, o solfexo é a arte de cantar os intervalos musicais seguindo as respectivas alturas (frecuencias) e ritmos anotados nunha partitura. As dúas técnicas máis destacadas son a do dó móbil na escala diatónica e a técnica cromática na escala cromática.