Xosé María Álvarez Cáccamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé María Álvarez Cáccamo
PepeCaccamo.jpg
Datos persoais
Nacemento 6 de xullo de 1950 (64 anos)
Lugar Vigo, Galicia Galicia
Falecemento
Lugar
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos {{{fillos}}}
Relixión {{{relixión}}}
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua Galego
Período {{{período}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros poesía, narrativa, literatura infanto-xuvenil, teatro, ensaio
Princ. obras {{{obras}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos {{{estudos}}}
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios {{{premios}}}
[[Ficheiro:{{{sinatura}}}|centro|150px]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de literatura.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e irmán de Alfonso, Celso e Berta Álvarez Cáccamo. Xosé María Álvarez Cáccamo estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1973 é profesor de ensino secundario. Actualmente reside en Vilaboa.

Ademais de poesía, ten publicados algúns relatos breves, teatro e literatura infantil. A súa obra traduciuse ao catalán, castelán, éuscaro e italiano. Obtivo os premios Esquío, González Garcés e Arume e os Premios da Crítica de Galiza e de España.

Fixo parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos Galicia Literaria de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e Faro das Letras de Faro de Vigo (1993-1996). Entre os anos 1984 e 2002 formou parte do equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi presidente interino tras a dimisión de Carlos Mella (2001) e a elección de Bernardino Graña (2002), foi coordenador das súas revistas e Contemporánea. Foi membro fundador do "Foro da Cultura" e de "Esculca Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades". Formou parte entre 2003 e 2010 do consello de redacción da revista Grial. Actualmente forma parte do colectivo Burla Negra.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Xosé María Álvarez Cáccamo.jpg

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Praia das furnas, 1983, Xerais.
  • Arquitecturas de cinza, 1985, Caixa Ourense.
  • Os documentos da sombra, 1986, Sotelo Blanco.
  • Luminoso lugar de abatimento, 1987, Sociedade de Cultura Valle-Inclán.
  • Cimo das idades tristes, 1988, Sotelo Blanco.
  • Fragmentos de mar, 1989, edición de autor.
  • Acordar contigo en alba, 1991, Ángel Caffarena.
  • Prego de cargos, 1991, edición do autor.
  • O lume branco, 1991, Espiral Maior.
  • De mañá que medo, 1993, Laiovento.
  • Colección de espellos, 1994, Espiral Maior.
  • Calendario perpetuo, 1997, Espiral Maior.
  • A escrita das aves de marzo, 1997, Edições Tema.
  • Os cadernos da ira, 1999, Espiral Maior.
  • Vocabulario das orixes, 2000, Deputación da Coruña.
  • Depósito natural (1995-2001), 2002, Deputación de Pontevedra.
  • Ancoradoiro. Obra poética (1983-2003), 2003, Espiral Maior.
  • Maré do pobo a arder, 2003, edición do autor.
  • Habitación del mar. Antología, 1983-2003, 2004, Editorial Olifante (edición bilingüe galego-castelán).
  • Vilar dos fillos, 2004, Difusora de Artes e Ideas, edición de tiraxe limitada e numerada.
  • Manuscritos do ar, 2007, Bourel.
  • Vento de sal, 2008, Galaxia.
  • Cántico dos topónimos esdrúxulos, 2010, Espiral Maior.
  • De sombras e poemas que son casas, 2010 (antoloxía poética sonora), Edicións do Cumio.
  • A Boca da galerna. Luz da materia contra o invento de Deus, 2012, Espiral Maior.
  • Tempo de cristal e sombras, 2014, Espiral Maior.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • Microtopofanías, 1992, Laiovento.
  • A luz dos desnortados, 1996, Espiral Maior.
  • Ninguén de ningures, 2005, edición de autor non venal.

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

  • Pedro e as nubes, 1996, O Barco de Vapor.
  • Ganapán das palabras, 1998, Kalandraka.
  • Dinosaurio Belisario, 2001, Kalandraka.
  • Lúa de pan, 2002, Edicións do Castro.
  • O segredo do pan, 2005, Obradoiro.
  • Un home impuntual, 2010, Galaxia.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Monstro do meu labirinto, 1987, Cadernos da Escola Dramática Galega.
  • Casa dormida, 1988, Cadernos da Escola Dramática Galega.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Álvarez Cáccamo en Moaña.
  • Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
  • Desde a palabra, doce voces, 1986, Sotelo Blanco.
  • Monólogos, 1987, Sotelo Blanco, teatro.
  • Sis poetes gallecs, 1990, Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán.
  • Literatura galega século XX, 1992, Galaxia.
  • Magritte x 3, 1993, Laiovento.
  • Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy, 1995, Diputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán, a cargo de Luciano Rodríguez Gómez.
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Edicións do Castro.
  • Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional), 1996, Galaxia.
  • Novo do trinque, 1997, BNG.
  • Clásicos e modernos: tres leituras poéticas, 1999, Universidade da Coruña.
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000, 2000, Tris Tram.
  • Escolma de familia, 2000, Xerais, poesía.
  • Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega).
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos, 2003, Laiovento.
  • XVIII Festival da Poesia do Condado, 2004, S. C. D. Condado.
  • Xela Arias, quedas en nós, 2004, Xerais, poesía.
  • X. Espazo para un signo, 2005, Xerais.
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda, 2006, Espiral Maior.
  • Poemas pola memoria (1936-2006), 2006, Xunta de Galicia.
  • Poética da casa, 2006, Xunta de Galicia.
  • Presenza do poema, 2006, Espiral Maior.
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario, 2007, Xerais.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • O Miño, unha corrente de memoria. Actas das xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño, 2008, Alén Miño, Ponteareas.
  • Poemas ao pai, 2008, Espiral Maior.
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos.
  • Pel con pel, 2010, Galaxia.
  • 15-M: O pobo indignado, 2011, Laiovento.
  • XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom, 2011, S. C. D. Condado.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.
  • Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello, 2011, Laiovento.
  • Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís, 2011, A Nave das Ideas.
  • Banqueiros, 2012, Laiovento.
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.
  • A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
  • CaRa inversa, con Baldo Ramos, 2014, Follas Novas.

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, 1985, Edicións do Castro.
  • Poesía galega completa, de Xosé María Álvarez Blázquez, 1987, Xerais.
  • Onde o mundo se chama Celanova, de Celso Emilio Ferreiro, 1991, Xerais.
  • 50 anos de poesía galega. A Xeración do 36, 1994, Editorial Penta. Con Xosé Carlos López Bernárdez.
  • Obra poética. Antoloxía. Antón Avilés de Taramancos, 1998, A Nosa Terra e AS-PG.
  • O libro dos cen poemas. Antoloxía da poesía infantil galega, 2002, Espiral Maior. Con Marisa Núñez.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Laberinto el clavicornio, 1977, Editorial Castrelos.

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]