Piano
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un piano é un instrumento musical composto dunha serie de cordas metálicas de diferente lonxitude e diámetro, ordenadas de maior a menor no interior dunha caixa sonora. Estas cordas son percutidas por pequenos mazos impulsados por un teclado, producindo sons claros e vibrantes. Atendendo á súa forma e dimensión denomínanse verticais, de cola e media cola, ou de mesa. O piano apareceu en Italia a principios do século XVIII, volvendo a poñer en función os pequenos mazos ou martelos dos antigos clavicordios que o clavicémbalo, beliscando con púas, desterrara. A innovación deste instrumento de corda percutida consistiu na posibilidade de matiza-la intensidade das notas e da-los “pianos” doces e de baixa forza, e os “fortes”, e por iso foi chamado pianoforte.
[editar] Historia do piano
[editar] Invención do piano-forte
Creado ao principio do século XVIII polo italiano Bartolomeo Cristofori en Florencia (Italia), sobre o nome « piano-forte », o piano nace da evolución dun instrumento chamado clavicordio (século XV) e do timpanon (Idade Media) A data de fabricación do primeiro piano forte por Bartolomeo Cristofori é incerta, pero un inventario realizado polos mecenas de Cristofori, a familia Médicis, indica a existencia dun instrumento de Cristofori en 1700. Cristofori non tería construído máis que unha vintena de piano-fortes antes da súa morte en 1731. Non quedan máis que tres hoxe en día, que datan dos anos 1720.
[editar] Pianistas famosos
- Alexandre Paz
- Arturo Benedetti Michelangeli
- Chris Martin
- Franz Liszt
- Frederic Chopin
- Hamilton Godoy
- Ludwig van Beethoven
- Martha Argerich
- Nelson Freire
- Ricardo Castro
- Sergei Rachmaninoff
- Sérgio Mendes
- Sviatoslav Richter
- Tim Rice-Oxley
- Tori Amos
- Vladimir Horowitz
- Wladyslaw Szpilman
- Wolfgang Amadeus Mozart
- Magne Furuholmen
- Roger Hodgson
- Freddie Mercury

