Universidade de Oviedo
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Universidade de Oviedo | |
|---|---|
"Sigillum Regiae Universitatis Ovetensis" |
|
| Localización: | Oviedo, Gijón e Mieres |
| Reitor: | Vicente Miguel Gotor |
| Estudantes: | 27.284 (Curso 2009-2010) |
| Enderezo: | Calle de San Francisco Nº 4 Oviedo, Asturias |
| Páxina web: | www.uniovi.es |
A Universidade de Oviedo é unha universidade pública situada en Oviedo, Principado de Asturias (España), con campus en Oviedo, Xixón e Mieres. É a única universidade da comunidade autónoma, onde non existen universidades privadas. O orzamento para o ano 2010 é de 210 millóns de euros .[1]
Foi unha das dez universidades de España durante o século XIX. No curso 2009-10 conta con 27.284 alumnos e 2.154 profesores.[2]
A Universidade de Oviedo é membro fundador do Grupo 9 de Universidades (G9) españolas, creado en 1997 co obxectivo de promover a colaboración entre as institucións universitarias que o integran, tanto no que respecta ás actividades docentes e investigadoras como ás de xestión e servizos.
Índice |
Centros [editar]
Facultades e escolas [editar]
| Facultade / Escola | Fundación | Alumnos | Campus |
|---|---|---|---|
| Escola Politécnica de Enxeñería de Xixón | 1888 | 4.769 | Xixón |
| Facultade de Economía e Empresa | 1908 | 3.844 | El Cristo |
| Facultade de Filosofía e Letras | 1892 | 1.973 | El Milán |
| Facultade de Dereito | 1608 | 1.914 | El Cristo |
| Facultade de Formación do Profesorado e Educación | 1845 | 1.826 | Llamaquique |
| Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde | 1968 | 1.574 | El Cristo |
| Escola Politécnica de Mieres | 1855 | 1.304 | Mieres |
| Facultade de Comercio, Turismo e Ciencias Sociais Jovellanos | 1899 | 1.279 | Xixón |
| Facultade de Bioloxía | 1961 | 918 | El Cristo |
| Facultade de Química | 1848 | 795 | El Cristo |
| Facultade de Psicoloxía | 1991 | 759 | Oviedo Centro |
| Escola de Enxeñería Informática | 1982 | 518 | Los Catalanes |
| Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas | 1959 | 329 | Oviedo Centro |
| Facultade de Ciencias | 1990 | 310 | Llamaquique |
| Escola Superior da Mariña Civil | 1990 | 281 | Xixón |
| Facultade de Xeoloxía | 1958 | 177 | Llamaquique |
Centros adscritos [editar]
- Escola Universitaria de Enfermería de Cabueñes de Xixón
- Escola Universitaria Padre Enrique Ossó
- Escola Universitaria de Turismo de Asturias
Institutos universitarios [editar]
- Instituto Universitario da Empresa
- Instituto Universitario de Tecnoloxía Industrial de Asturias (IUTA)
- Instituto Universitario de Oncoloxía
- Instituto Feijoo de Estudos do Século XVIII
- Instituto de Recursos Naturais e Ordenación do Territorio (INDUROT)
- Centro de Intelixencia Artificial
- Centro de Cooperación e Desenvolvemento Territorial (CECODET)
- Instituto Universitario de Biotecnoloxía de Asturias (IUBA)
- Instituto de Ciencias da Educación
- Instituto de Química Organometálica "Enrique Moles"
Colexios maiores e residencias [editar]
- Colexio Maior San Gregorio (Oviedo)
- Colexio Maior América (Oviedo)
- Residencia Universitaria para profesores Rafael Altamira (Oviedo)
- Residencia Universitaria de Mieres
Campus [editar]
Edificios de interese [editar]
- Edificio Histórico. O edificio está situado na rúa San Francisco de Oviedo.
- Edificio Valdés Salas.
Notas [editar]
- ↑ www.lavozdeasturias.es A Voz de Asturias 16-07-2009 (en castelán)
- ↑ www.universidad.es Fundación Universidade (en castelán)