Antón Tovar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, Rairiz de Veiga, en 1921 e falecido en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego.

Biografía[editar | editar a fonte]

Iniciou en Santiago de Compostela os estudos de Filosofía e Letras, carreira que abandonou para ingresar como novicio nos Xesuítas de Salamanca, onde permanece pouco máis dun ano.

En 1942 gaña a oposición a Contador do Estado, sendo destinado primeiro a León e máis tarde a Ourense, cidade en que exerceu como funcionario do Ministerio da Facenda até 1967, cando foi expulsado pola súa militancia clandestina no Partido Comunista. Nesa altura, comezou a traballar na libraría Tanco, onde estabeleceu relación con Vicente Risco, Xesús Ferro Couselo e López Cid e tivo acceso a libros prohibidos pola censura.

Na década dos cincuenta iniciou a súa actividade literaria en castelán coa publicación do poemario Barro de nadie (1955). Despois de varios poemarios nesa lingua, en 1962 edita en galego Arredores, ao que seguirían outros. Nas súas primeiras obras está presente a reivindicación do idioma, pero a súa poesía caracterízase por un existencialismo pesimista que está presente ao longo de toda a súa produción.

Aínda que Tovar é fundamentalmente poeta, tamén publicou relatos curtos, diarios e ensaio. Recibiu o premio Amor Ruibal no ano 1966, o dos Xogos Florais de Guimarães (1960 e 1972), o Premio da Crítica de Galicia (1981), o Losada Diéguez (1991) e o Celanova, Casa dos poetas (2003).

Despois dunha prolongada enfermidade, faleceu en Ourense o 16 de xuño de 2004.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • A grande ilusión e outros contos (1989, Galaxia).

Diarios[editar | editar a fonte]

  • Diario sen datas (1987, Edicións do Castro).
  • Diario íntimo dun vello revoltado (2001, Galaxia).

Ensaio[editar | editar a fonte]

Conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Libros de homenaxe[editar | editar a fonte]

  • Antón Tovar na Limia (2007, Xunta de Galicia).

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Barro de nadie (1955).
  • El tren y las cosas (1960, Trebolle, Ourense).
  • El ladrido (1961, Trebolle, Ourense).
  • La Lanzada: versos hacia el mar (1964, La Editora Comercial, Ourense).
  • Poesía en castellano (1955-1973) (1987, Deputación de Ourense).
  • Los versos de mi camilla: 4 formas (1997, Edicións do Castro).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]