Luns
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
O luns ou segunda feira é o primeiro día da semana. O termo "luns" vén do latín Lunae dies, ou "día da Lúa" e o termo segunda feira do latín secunda feria.
Índice |
Nomes noutras linguas: [editar]
| Lingua | Nome | Significado |
| Alemán | Montag | Día da Lúa |
| Búlgaro | Понеделник/Ponedelnik | O día despois do domingo |
| Catalán | Dilluns | Día da Lúa |
| Checo | Pondělí | O seguinte ó día de descanso |
| Chinés Tradicional | 星期一/Xīng Qī Yī | Un da semana |
| Español |
Lunes | Día da Lúa |
| Eusquera | Astelehen | Primeiro da semana |
| Francés |
Lundi | Día da Lúa |
| Holandés |
Maandag | Día da Lúa |
| Inglés |
Monday | Día da Lúa |
| Irlandés | De Lúain | Día da Lúa |
| Islandés |
Mánudagur | Día da Lúa |
| Italiano |
Lunedì | Día da Lúa |
| Noruegués |
Mandag | Día da Lúa |
| Quechua |
Killa P'unchay | Día da Lúa |
| Polaco |
poniedziałek | O día despois do Domingo |
| Portugués |
Segunda-feira | Segundo día |
| Romanés | Luni | Día da Lúa |
| Ruso |
Понедельник/Ponidelnik | O Día despois do Domingo |
| Xaponés |
月曜日/Getsuyoubi | Día da Lúa |
O luns na cultura popular [editar]
O día indicado para cortarse as uñas é o luns, porque así non se sofre de dores de cabeza ou dores de moas.
Refraneiro [editar]
- Mozo de luns e bois de sábado non valen un ochavo.
- O luns e o martes lava a curiosa; o mércores e o xoves, a envexosa; e o sábado, a preguizosa.
- O mariñeiro, o domingo, bo zapato e boa media, e o luns pola mañanciña vai descalzo pola area.
Cantigueiro [editar]
- Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
- Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona.
- Hoxe é luns, mañán é martes, / cuarta feira logo vén,/ de mañán en oito días/ éche a semana que vén.
- Hoxe é sábado alegre,/ mañán domingo trunfante,/ pasado é lunes triste / para el pobre trabajante.
- O mariñeiro o domingo/ bo zapato e boa media,/ o luns pola mañanciña/ vai descalzo pola area.
Días da semana: [editar]
Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo