Morte
A morte é o final permanente das funcións biolóxicas ou funcións vitais que definen un ser vivo. Refírese tanto á terminación en si da vida como ao estado posterior do antigo organismo, do que se di que está morto. A auténtica natureza do que vén despois da morte foi, desde hai milenios, unha preocupación central das tradicións relixiosas e filosóficas de todo o mundo. Moitas relixións teñen fe ben nunha vida no máis alá, ben na reencarnación.
O efecto da morte física sobre a mente ou a alma segue a ser unha pregunta aberta. Para a ciencia contemporánea, a morte dun organismo é o final.
Índice |
A morte nos animais[editar]
Case sen excepcións, agás a Turritopsis nutricula, un cnidario hidrozoo que ten un ciclo vital no cal o animal volve ao estado de pólipo colonial despois de alcanzar a madureza sexual, sendo o único caso coñecido dun metazoo que é capaz de volver a un estado de immadureza sexual despois de alcanzala,[1] os animais morren por envellecemento, pero algúns fenómenos poden causar unha morte prematura, como a malnutrición, a depredación, a enfermidade, os accidentes que provocan traumatismos terminais ou, en circunstancias extremas, unha grave perturbación dun ecosistema.
Por iso, a morte no mundo natural tamén pode producirse como resultado directo ou indirecto da activitade humana: unha causa crecente da extinción de especies en tempos recentes é a destrución de ecosistemas como consecuencia do incremento e expansión da tecnoloxía industrial.[2]
A morte nos seres humanos[editar]
As actividades humanas voluntarias que provocan a morte inclúen o suicidio, o homicidio e a guerra. Cada día morren aproximadamente 150 000 persoas en todo o mundo.[3]
O obxectivo principal da ciencia médica é o de pospoñer e evitar a morte. Neste contexto, a morte vese máis como un proceso que como un acontecemento; algúns elementos ou craracterísticas que antigamente eran considerados como indicadores da morte son actualmente reversíbeis.[4] Cando se quere trazar unha liña divisoria entre a vida e a morte, cómpre ter en conta outros factores a parte da presencia ou ausencia de signos vitais. En xeral, a morte clínica non é nin necesaria nin suficiente para determinar a morte legal. Un paciente cun corazón e uns pulmóns funcionais que estea en situación de morte cerebral pode declararse legalmente morto sen que se producira a morte clínica. Noutras palabras, a definición médica precisa da morte é máis problemática, paradoxalmente, a medida que avanzan os coñecementos científicos e a tecnoloxía.
Tipos de morte humana[editar]
Hai diferentes tipos de morte: As mortes non intencionadas, a morte natural producida por unha patoloxía determinada que acaba coa vida do ser humano, a morte accidental como consecuencia da acción dun axente externo de forma involuntaria ou azarosa, as mortes intencionadas, a morte por culpa doutro. é dicir, o asasinato, incluíndo as mortes nas guerras e a pena de morte (para algunhas persoas tamén o aborto e a eutanasia, aínda que esta inclusión é polémica) ou a morte provocada per un a si mesmo (suicidio), que pode ser ritual (sacrificio) ou non.
Causas da morte nos seres humanos[editar]
As principais causes de morte na actualidade, segundo a OMS son (por orde de prevalencia): enfermidades relacionadas co corazón, infeccións, cancros, enfermidades respiratorias, accidentes, enfermidades dixestivas e mortes intencionadas.
Estas causas difiren segundo se trate dun país desenvolvido ou dun país do Terceiro Mundo. No primeiro caso, os motivos máis frecuentes de morte son os cardiovasculares, o cancro de pulmón e outros problemas respiratorios, os accidentes de tráfico, o cancro de estómago, problemas de presión arterial (tensión), tuberculose e suicidios, nesta orde. En cambio, nos países subdesenvolvidos a primeira causa de morte é a SIDA, seguindo as infeccións respiratorias, as diarreas, as enfermidades cardiovasculares, as enfermidades da infancia e a malaria.
Causas da morte en Galicia[editar]
No ano 2009, segundo cifras do Instituto Nacional de Estadística,[5] producíronse 30 180 defuncións (15 241 homes e 14 9839 mulleres), e as causas destes falecementos distribúense así:
- Enfermidades do aparello circulatorio
- 9 799 (32,5 %)
- Accidente vascular cerebral, 2 893
- Insuficiencia cardíaca, 1 453
- Infartos de miocardio, 1 358
- Outras isquemias, 1 191
- Enfermidades hipertensivas, 580
- Arteriosclerose, 299
- Outras: 2 095
- Tumores
- 8 107 (26,90 %)
- Cancro de traquea, bronquios e pulmón, 1 411
- Cancro de colon, 811
- Cancro linfático,1 580
- Cancro de estómago, 558
- Cancro de próstata, 480
- Cancro de mama,2 440
- Cancro de páncreas, 408
- Cancro de fígado, 367
- Cancro de vexiga, 347
- Cancro de recto e ano, 267
- Cancro de labio, boca e farinxe, 185
- Cancro de pel,3 174
- Cancro de esófago, 169
- Cancro de útero,4 159
- Cancro de encéfalo, 158
- Cancro de ovario, 152
- Cancro de ril, 140
- Cancro de larinxe, 108
- Outros cancros dixestivos, 185
- Outros cancros respiratorios, 42
- Tumores benignos, 26
- Outros cancros,5 922
1. Dos que 206 foron leucemias.
2. Dos que 10 afectaron a homes.
3. Dos que 60 foron melanomas malignos.
4. Dos que 53 foron de colo uterino.
5. Iclúense óseos, de cartilaxes, síndrome mielodispolásica e incertos/descoñecidos.
- Enfermidades do aparello respiratorio
- 3 642 (12,07 %)
- Enfermidades crónicas1, 1 205
- Pneumonía, 684
- Insuficiencia respiratoria, 193
- Asma, 77
- Influenza (gripe), 21
- Outras, 1 472
1. Agás asma.
- Enfermidades do aparello dixestivo
- 1 377 (4,56 %)
- Cirrose e outras enfermidades hepáticas, 431
- Enfermidades vasculares intestinais, 269
- Outras, 677
- Trastornos mentais
- 1 325 (4,40 %)
- Trastornos mentais orgánicos, senís e presenís, 1 272
- Trastornos mentais debidos ao abuso do alcohol, 27
- Trastornos mentais debido a toxicomanías, 2
- Ouros, 24
- Mortes debidas a causas externas
- 1 257 (4,17 %)
- Suicidio, 340
- Accidentes de tránsito, 250
- Afogamento e sufocación, 239
- Caídas accidentais, 155
- Outros accidentes, 145
- Envelenamento, 36
- Homicidio, 14
- Outras, 64
- Enfermidades do sistema nervioso e órganos dos sentidos
- 1 249 (4,14 %)
- Enfermidade de Alzheimer, 695
- Outras, 554
- Mortes de causa non ben definida
- 1 020 (3,38 %)
- Paro cardíaco, morte sen asistencia e de causa descoñecida, 693
- Senilidade, 636
- Morte súbita infantil, 1
- Outras, 160
- Enfermidades do sistema xenitourinario
- 751 (2,49 %)
- Enfermidades endócrinas, nutricionais e metabólicas
- 717 (2,38 %)
- Diabetes mellitus, 632
- Outras, 85
- Infeccións e parasitoses
- 498 (1,65 %)
- Septicemia, 297
- Hepatite vírica, 51
- SIDA, 64
- Tuberculose, 30
- Outras, 22
- VIH+, 0
- Outras causas (menos do 1 % de prevalencia)
- 442
- Enfermidades do sistema osteo-muscular: 193 (0,64 %)
- Enfermidades da pel: 107 (0,35 %)
- Enfermidades do sangue e o sistema hemopoético: 66 (0,22 %)
- Malformacións conxénitas e anomalías cromosómicas: 39 (0,13 %)
- Enfermidades no período perinatal: 33 (0,11 %)
- Enfermidades no embarazo, parto e puerperio: 0 (0,00 %)
A morte na cultura[editar]
Tradicionalmente a morte foi unha das principais fontes do medo, e por iso varias relixións céntranse en explicar que coa morte non acaba realmente a vida, porque cren na resurrección futura, en algunha reencarnación da alma ou porque o espírito da persoa entra noutro mundo (escatoloxía).
Como asunto descoñecido, diversas culturas trataron de personoficar a morte con símbolos, entre os que están:
- Un esqueleto cunha ferramenta enorme (normalmente unha gadaña) para cortar a vida (usual no tarot).
- Os olimpos na mitoloxía clásica.
- Azrael, o Anxo da morte do cristianismo e o islam.
- Un Deus da morte en varias mitoloxías.
- Unha sombra negra ou un espírito que vén poa noite.
- O demo.
- Unha cara con cruces nos ollos, ou simplemente a cruz (usualmente reprensentada nas árbores xenealóxicas e nas esquelas).
- Ás veces pode adquirir a aparencia dun monstro.
Varios mitos e lendas xiran en torno á criaturas que superan a morte (ou que permanecen nun estado intermedio entre a vida e a morte), como zombis, vampiros e ánimas errantes, entre outros. Tamén dobre diveros feitizos e encantamentos que prometen a inmortalidade ou elixires da eterna xuventude.
Tamén hai moitos mitos sobre o que cómpre facer cos falecidos, ritos funerarios e dós dos superviventes. Actualmente a maioría das culturas opta por enterrar os corpos (nos cemiterios) ou cremalos.
A fascinación pola morte é a esencia de movementos culturais como o dark, o gótico ou o decadentismo.
Galería de imaxes[editar]
| Simboloxía da morte | |||||||||
|
|||||||||
| A morte na arte | |||||||||
|
|||||||||
| Morte e relixión | |||||||||
|
|||||||||
Taxa de mortalidade e esperanza de vida ao nacer[editar]
- Artigos principais: Taxa de mortalidade e Esperanza de vida.
A taxa de mortalidade é a relación entre o número de mortes nunha determinada poboación nun período de tempo e o número total de persoas vivas nunha zona determinada. Normalmente exprésase en número de mortes por 10 000 persoas e ano (tanto por mil):
-
- Taxa bruta de mortalidade = Falecidos nun ano / poboación x 1.000
A taxa de mortalidade considérase alta se supera o 35 º/oo, moderada se vai do 15 º/oo ao 35 º/oo, e baixa se está por debaixo do 15 º/oo. En España a taxa bruta de mortalidade está situada arredor do 8,3 º/oo e en Galicia é un pouco máis elevada, o 10,8 º/oo (datos do ano 2009).
Porén, hai que dicir que se trata dunha taxa menos clara que a de natalidade, xa que se ve alterada polo envellecemento da poboación á que se fai referencia, que en Galicia é moi acusado. Por iso é necesario complementar este dato con outras taxas, como a da mortalidade infantil.
-
- Taxa de mortalidade infantil (TMI) = Falecidos menores dun ano / nacidos no ano x 1000
Nalgúns países onde as condicións sanitarias e hixiénicas son moi deficitarias, a mortalidade infantil é moi elevada. Actualmente a mortalidade infantil española e galega é das máis baixas de Europa.
En Galicia, no ano 2009, a taxa de mortalidade infantil foi do 2,7 º/oo, sendo as das catro provincias:
- A Coruña: 3,2
- Lugo: 2,2
- Ourense: 1,9
- Pontevedra: 2,4
A esperanza de vida é o número medio de anos de vida que pode esperar vivir unha persoa no momento do seu nacemento. Actualmente existe unha clara diferenza entre os países desenvolvidos, onde a esperanza de vida é superior aos 70 anos, e os países subdesenvolvidos, onde a esperanza de vida está por debaixo dos 50 anos.
En Galicia a esperanza de vida pasou, nos últimos tempos, de 79,0 anos en 1998 (75,1 para os homes e 82,7 para as mulleres) a 81,7 anos en 2009 (78,3 para os homes e 85,1 para as mulleres).[7]
Algunhas frases sobre a morte[editar]
- "Estar alerta, eis a vida; xacer na tranquilidade, velaí a morte". Oscar Wilde.
- "Polo tanto, amados míos, como sempre obedecéchedes, [...], ocuparvos na vosa salvación con temor e tremor". Filipenses 2, 12.
- "Un individuo que sobrevivise á súa morte física é algo alén da miña comprensión, nin eu o desexo doutro xeito; tales nocións son para os medos ou absurdos egoísmos das mentes febles". Albert Einstein.
- "Cando a miña voz cale coa morte, o meu corazón seguirache falando". Rabindranath Tagore.
- "A figura da morte, en calquera traxe que veña, é espantosa". Miguel de Cervantes.
- "É unha mágoa irse, isto comezaba a poñerse divertido". Louis Joseph Gay-Lussac.
- "A morte é o remedio de todos os males; pero non debemos botar man deste até última hora". Molière.
Notas[editar]
- ↑ Turritopsis nutricula in World Register of Marine Species (en inglés) Consultada o 1/2/2012.
- ↑ Human Activities Cause of Current Extinction Crisis Consultada o 11/2012
- ↑ "Life Span Extension Research and Public Debate: Societal Considerations" (PDF). Studies in Ethics, Law, and Technology 1 (1, Artigo 5). 2007. DOI:10.2202/1941-6008.1011. http://www.mfoundation.org/files/sens/ENHANCE-PP.pdf. Consultado o 11/2/2012..
- ↑ Crippen, David (2005): "Brain Failure and Brain Death", in ACS Surgery Online, Critical Care ACS ACSsurgery
- ↑ Galicia. Defunciones por provincia de residencia, causas (lista reducida), sexo y edad Consultada o 12/1/2012.
- ↑ Vítima do triplo "vicio" das súas orixes: "protestante, estranxeiro e bastardo", o mariscal non puido ser inhumado na basílica de St. Denis, como desexaba Luís XV.
- ↑ Datos do IGE Morte (en galego) Consultada o 12/2/2012.
Véxase tamén[editar]
Bibliografía[editar]
- Aries, P. (1982): La muerte en Occidente. Barcelona: Argos Vergara.
- Arregui, Jorge V.(1992): El horror de morir: el valor de la muerte en la vida humana. Barcelona: Tibidabo Edicions. ISBN 978-84-86421-89-2
- Becker, E. (2003): La negación de la muerte. Barcelona: Kairós.
- Bowker, J. (1996): Los significados de la muerte. Cambridge University Press.
- Cobo Medina, C. (2000): Los tópicos de la muerte. La gran negación. Madrid: Ediciones Libertarias.
- Critchley, Simon (2008): El libro de los filósofos muertos. Madrid: Taurus. ISBN 978-84-306-0677-1
- García-Sabell, D. (1999): Paseata arredor da morte. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 978-84-8288-275-8
- Huisman-Perrin, E. (2003): La muerte explicada a mi hija. Barcelona: El Aleph.
- Kübler-Ross, E. (1989): Sobre la muerte y los moribundos. Barcelona: Grijalbo.
- León Azcárate, Juan Luis de (2007): La muerte y su imaginario en la historia de las religiones. Bilbao: Universidad de Deusto. ISBN 978-84-9830-101-4
- Llinás, Rodolfo (2003): El cerebro y el mito del yo, el papel de la neuronas en el pensamiento y el comportamiento humano. Belacqua.
- Lonetto, R. & Templer, D. I. (1992): La ansiedad ante la muerte. Barcelona: Ediciones Temis.
- Moody, R. A., Jr. (2006): Vida después de la vida. Barcelona: Círculo de lectores.
- Pieper, J. (1982): Muerte e inmortalidad. Herder. ISBN 978-84-254-0530-3
- Poveda, J. & Silvia Laforet (2009): El buen adiós. Espasa. ISBN 978-84-670-3026-6
- Scheler, M. (2001): Muerte y supervivencia. Encuentro Ediciones. ISBN 978-84-7490-623-3
- Waugh, E. (2000): Los seres queridos. Barcelona: Círculo de lectores. ISBN 978-84-226-7804-5
Outros artigos[editar]
- A morte na cultura popular galega.
- A morte na literatura popular galega.
- Apoptose.
- Autopsia.
- Eutanasia.
- Funeral.
- Santa Compaña.
Ligazóns externas[editar]
- Cheating Death: The Immortal Life Cycle of Turritopsis nutricula (en inglés) Consultada o 11/2/2012.
- Jaime Escobar Triana, M.D., Morir como ejercicio final a una vida digna Universidad El Bosque (Colombia) (en castelán) Consultada o 12/2/2012.
- José Ferrater Mora, Muerte (en castelán) Consultada o 12/2/2012.
- Judaísmo virtual. La vida después de la muerte (en castelán) Consultada o 12/2/2012.
- Libros que falan sobre a morte desde o punto de vista iniciático e esotérico (en castelán) Consultada o 12/2/2012.