Santiago Jaureguízar
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago Jaureguízar Ruiz de Zárate, coñecido como Jaureguizar, nado en Bilbao o 14 de agosto de 1965, é un xornalista e escritor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Aínda que nado en Bilbao, viviu a infancia e mocidade en Ribadeo. Xornalista de profesión, desenvolve o seu labor no xornal El Progreso de Lugo. No ano 2005 obtivo o Premio de Xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial 2009.
Encadrado no movemento Bravú, foi produtor de Rock Bravú de Xavier Valiño (1999). Foi pioneiro na introdución da literatura galega na rede, con proxectos como "Familia feliz" en Vieiros ou a web Ínfimos. Tamén ocupa o posto de "vocalizador" en Elvis Christo Furious Machine, grupo de narrativa trip-hop. Mantén aberto o blog Cabaret Voltaire.
Obra [editar]
Narrativa [editar]
- Fridom spik (1996, Xerais), narracións breves. 2ª edición aumentada en 2003.
- Comendo espaguetis diante da televisión (1998, Xerais), novela.
- Breve crónica universal da clase obreira (2001, Sotelo Blanco), novela.
- As horas sucias (2001, Xerais), novela.
- Casa Skylab (2003, Xerais), novela.
- Cabaret Voltaire (2005, Galaxia), novela.
- O Globo de Shakespeare (2008, Xerais), novela. Traducido ao castelán como El globo de Shakespeare en Pulp Books.
Novelas xuvenís [editar]
- Todo a cen (1995, Sotelo Blanco).
- A rutina corsaria (1998, Xerais).
- Salitre (2000, Xerais). Traducido ao castelán co mesmo título no 2008, en Anaya.
- ¡Balea morta ou lancha a pique! (2002, Xerais).
- A cova das vacas mortas (2006, Xerais).
- Plastilina nos pulmóns (2006, Tambre).
- Unha cabana na lúa (2006, Baía Edicións).
- O contador de estrelas (2009, Obradoiro).
- Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela (2010, Xerais).
- A coroa de Napoleón. Un misterio para Tintimán na Coruña (2010, Xerais).
- Amor de serea. Un misterio para Tintimán en Vigo (2013, Xerais).
- Os Sabuxos entran na casa do pé esquerdo (2013, Xerais).
Teatro [editar]
- Estación Mir (2002, Tris Tram).
Ensaio [editar]
- Galicia: espiritualidade verde sobre o Atlántico (2007, Xunta de Galicia).
Guión [editar]
- O Golpe (2000).
Tradución [editar]
- A porta de Mayo, de Gonzalo Moure (2008, Xerais).
Obras colectivas [editar]
- Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
- Na boca do lobo (1998, Tris Tram).
- Mini-relatos, (1999, Libraría Cartabón).
- Ninguén está só (2001, Tris Tram).
- Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008, Xerais).
- Itinerarios historico-musicais: Lugo (2008, Ouvirmos).
Premios [editar]
- Premio Lueiro Rey no 2001, por Breve crónica da historia universal da clase obreira.
- Premio Xerais no 2003, por Casa Skylab.
- Premio García Barros no 2005, por Cabaret Voltaire.
- Premio de Xornalismo Reimóndez Portela no 2005.
- Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura xuvenil no 2006, por A cova das vacas mortas.
- Finalista II Premio de Literatura e Infantil Meiga Moura no 2006, por Unha cabana na lúa.
- Premio de creación literaria "Terra de Melide" no 2008, por O Globo de Shakespeare.
- Premio do Museo Provincial de Lugo no 2009.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Cabaret Voltaire, o blog do autor
- Ficha na bvg
- Ficha do autor na AELG
- Páxina do autor en Xerais
- A cova das vacas mortas