Helena González Fernández
Helena González Fernández, nada en Comesaña o 11 de marzo de 1967, é profesora titular de literatura galega[1] e investigadora do Centre Dona i Literatura[2] na Universidade de Barcelona.
Índice |
Traxectoria [editar]
Doutorouse no ano 1999 nesta universidade coa tese Mulleres atravesadas por unha patria. Poesía galega de mulleres entre 1975 e 1997. Publicou varias monografías e artigos sobre literatura galega de mulleres, poesía galega e literatura contemporánea. Entre os seus traballos recentes destacan Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación (Xerais, 2005), a súa colaboración no libro Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf (Sotelo Blanco, 2003), coordinado por Belén Fortes, o Diccionario da Literatura Galega (4 vols., Galaxia, 1996-2002), dirixido por Dolores Vilavedra, e a edición dunha antoloxía trilingüe (galego-español-inglés) da poesía galega dos anos 90, A tribo das baleas (Xerais, 2001). Forma parte do consello de redacción do Anuario Grial de Estudos Literarios Galegos [3] e é codirectora de Lectora. Revista de Dones i Textualitat [4]. Colabora no Diario Cultural [5] da Radio Galega e fai crítica de poesía na revista Grial [6]. Ten formado parte do consello editorial da colección Ablativo Absoluto de Edicións Xerais.
Obra en galego [editar]
Ensaio [editar]
- Luís Seoane. Vida e obra. Vigo: Galaxia, 1994.
- Mulleres atravesadas por unha patria: poesía galega de muller entre 1975 e 1997, 1999, Universitat de Barcelona.
- Elas e o paraugas totalizador. Escritoras, xénero e nación. Vigo: Xerais, 2005.
Obras colectivas e artigos [editar]
- Dicionario da literatura galega. I. Autores, Galaxia, 1995.
- Dicionario da literatura galega. II. Publicacións periódicas, Galaxia, 1997.
- Rías de tinta: literatura de mujeres en francés, gallego e italiano. Barcelona, Edicions de la Universitat de Barcelona, 1999.
- Dicionario da literatura galega. III. Obras, Galaxia, 2000.
- Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Edicions de la Universitat, 2000. Coeditora.
- "Galícia, o com subjectivar la diferència". Álvaro Cunqueiro e as amizades catalanas. Eds. Jordi Cerdà, Víctor Martínez-Gil e Rexina Vega. Sada: Edicións do Castro, 2003. 107-132.
- "Mulleres e ficción en Galicia ou a necesidade de superar os estados carenciais". Escrita e mulleres. Doce ensaios arredor de Virginia Woolf. Coord. Belén Fortes. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco, 2003. 45-60.
- "A intelectualidade galega en Cataluña como mediadora entre Salvador Espriu e Galicia: noticias e traducións". Si de nou voleu passar. I Simposi Internacional Salvador Espriu. Eds. Víctor Martínez-Gil i Laia Noguera. Barcelona: Abadia de Montserrat, 2005. 249-278.
- "A poesía no sifate de 2004". Anuario de Estudos Literarios Galegos 2004 (2005): 152-159.
- "Anatomía de 'tanta visibilidade' das mulleres na literatura". Madrygal 9 (2006): 69-72.
- "Medea e Xasón baixo o signo de Sísifo. Roles de xénero e desexo desmesurado fronte a lei do pai". Palabra e acción. A obra de Manuel Lourenzo no sistema teatral galego. Edición de Roberto Pascual. Lugo: Tris Tram, 2006. 151-172.
- "A poesía no sifate de 2005 e o limiar estético". Anuario de Estudos Literarios Galegos 2005 (2006): 174-180.
- Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada. Vigo: Galaxia, 2009. Edición con María Xesús Lama.
Traducións [editar]
- Capital da dor, de Paul Éluard. A Coruña: Espiral Maior, 1997. Con Laurence Brault.
- Mil cretinos, de Quim Monzó. Vigo: Xerais, 2008.
Edicións [editar]
- Unha lectura de 'Códice calixtino', de Luz Pozo Garza. Vigo: Xerais, 1997.
- De catro a catro, de Manuel Antonio. Vigo: Galaxia, 1998.
- Upalás, antoloxía poética do Grupo Rompente. Vigo: Xerais, 1998. Con Iris Cochón.
- A tribo das baleas. Poetas de arestora =Antología de la poesía gallega última= An Anthology of the Latest Galician Poetry. Vigo: Xerais, 2001.
- Edición e estudo introductorio de Más allá del tiempo. O libro inédito de 1965, de María Mariño. Santiago de Compostela: Alvarellos, 2007.
Obra en castelán [editar]
Obras colectivas e artigos [editar]
- Breve historia feminista de la literatura española (en lengua catalana, gallega y vasca), volume VI, 2000.
- "Ulises, Hamlet, Lear y Dracull, entre otros bocetos". Hombres escritos por mujeres. Eds. Àngels Carabí i Marta Segarra. Barcelona: Icaria, col. Mujeres y Culturas, 2003. 155-172.
- "Poeróticas femeninas o el regreso a lo natural, lo rural y lo salvaje de Olga Novo ". Los hábitos del deseo. Formas de amar en la modernidad. Eds. Carme Riera, Meri Torras, Isabel Clúa, Pau Pitarch. València: ExCultura, 2005. 347-351.
- "Especulaciones sobre el deseo: cuerpos venéreos, disconformes y fragmentados". Políticas del deseo. Literatura y cine. Ed. Marta Segarra. Barcelona: Icaria, col. Mujeres y Culturas, 2007. 169-189.
- Palabras extremas: escritoras gallegas e irlandesas de hoy. Oleiros: Netbiblo, 2008. Con Manuela Palacios.