Premio Cultura Galega das Letras
O Premio Cultura Galega das Letras é un galardón concedido como parte dos Premios da Cultura Galega pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas "con traxectoria vencellada á escrita galega, que se consideren con méritos especiais no que atinxe a recursos literarios, investigación de linguaxes propias, innovación no plano expresivo, creación de códigos de intercambio con outras sociedades e culturas ou calquera outro aspecto que contribúa a fortalecer o sistema literario galego e a súa imaxe pública interna ou externa"[1].
Índice |
Historia e características [editar]
Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas, que na segunda sesión de deliberación foron: Roberto Varela, en calidade de conselleiro, e como vogais Francisco López, Ramón Villares, José María Barja, Javier Garbayo e Mercedes Goicoa. Como membros do xurado designados pola Consellería de Cultura e Turismo tamén participaron o secretario da Real Academia Española, Darío Villanueva; o crítico de arte Antón Castro Fernández, a arquitecta Isabel Aguirre Urcola e mais o compositor Juan Vara García.[2]
Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición[3]. A diferenza do anterior, concedido a Xosé Luís Méndez Ferrín, este premio non ten dotación económica. Tamén a diferenza de edicións pasadas, a RAG desta vez renunciou a ter un representante no xurado.
Premiados [editar]
- 2010 - Agustín Fernández Paz (renunciou ao galardón)[5]
- 2011 - Arcadio López Casanova.
- 2012 - Salvador García-Bodaño[6]
Notas [editar]
- ↑ Convocatoria dos premios, publicada no Diario Oficial de Galicia, 5/10/2010.
- ↑ Os Premios da Cultura Galega 2010 xa teñen gañadores, nova en Xornal de Galicia o 16 de novembro de 2010.
- ↑ A Xunta crea os Premios da Cultura Galega, A Nosa Terra, 5/10/2010.
- ↑ Os Premios da Cultura Galega “naceron mortos” para Ferrín, nova en Xornal de Galicia o 19 de novembro de 2010.
- ↑ A renuncia ao galardón respondeu aos mesmos motivos que esgrimira a plataforma ProLingua nun comunicado de prensa do 8 de outubro: "Nin a actual Xunta nin o seu Presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega. Polo tanto xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a cultura".
- ↑ Salvador García-Bodaño, Premio Cultura Galega das Letras 2012
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Gañadores en 2010 nas distintas categorías.