Alvarellos Editora
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alvarellos Editora é unha pequena empresa editorial galega fundada en Lugo na primavera de 1977.
[editar] Historia
O seu fundador, Enrique Alvarellos, puxo en marcha esta empresa a partir da imprenta da súa propiedade aproveitando o rexurdimento das letras galegas que se producía co fin do franquismo. Naceu coa idea de lle dar a oportunidade de publicar aos escritores noveis e súa primeira edición foi a novela Botei corenta anos, da autoría do fundador. Na década de 1990 especializouse en edicións de luxo de facsímiles dos séculos XVIII e XIX.
Dende 2004 dirixe a editorial Henrique Alvarellos, fillo de Enrique Alvarellos.