Vigo Centro, Vigo

Vigo Centro é unha parroquia [Cómpre referencia] do concello de Vigo que limita coas parroquias de Coia, Freixeiro, Lavadores, San Paio, San Xoán do Monte, Sárdoma e Teis e pertence ó arciprestado de Vigo-Centro.
Tiña 201.100 habitantes no ano 2019.
A zona antiga constitúe o primeiro núcleo da cidade. Os monumentos máis destacados son a Colexiata de Santa María de Vigo, do 1816, e a imaxe do Cristo da Vitoria, realizada en torno ó 1680. No Castro varias escavacións arqueolóxicas remataron co achado de construcións pertencentes ós séculos II a.C. ata o III d.C. Tamén en pleno centro urbano, localizouse un importante sitio arqueolóxico romano baixo restos dos séculos XIX, XVII e medievais.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
José Elduayen, de Agustín Querol, rúa Montero Ríos.
Edificio Mulder (1910) de Manuel Gómez Román.
Feira artesán.[2]
Rúa Pescadería.[3]
O Sereo de Paco Leiro na Porta do Sol.
Gardacostas da Xunta atracado en Vigo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ CristodeVigo.es Arquivado 21 de marzo de 2010 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Ofeitoaman.org
- ↑ "Rúa Pescadería e o nome oficial.". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 01 de abril de 2010.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Vigo Centro no concello de Vigo (Pontevedra) | |
---|---|
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Vigo |