Saltar ao contido

Coruxo, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coruxo
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°11′28″N 8°48′03″O / 42.1912, -8.80073483
Poboación5.352 hab. (2022)
Entidades de poboación41[1]
[ editar datos en Wikidata ]

San Salvador de Coruxo é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Navia, San Miguel de Oia, Santo André de Comesaña e Valadares e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Presenta unha extensión de 900 hectáreas de superficie. Ten 40 entidades de poboación, 3 lugares e, segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.352 habitantes (2.620 homes e 2.732 mulleres).

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Atopáronse achados arqueolóxicos da Idade de Bronce, coma os petróglifos no lugar de Fragoselo ou en Casteñeirón. Hai restos castrexos en San Lourenzo e na Illa de Toralla, onde tamén hai restos romanos. A igrexa románica de San Salvador conserva tres ábsidas románicas, sección dun antigo mosteiro beneditino desaparecido no século XIV. O cruceiro é o máis antigo de Vigo, datado no ano 1631.[3]

A gamela coruxeira é un tipo de embarcación tradicional moi estendida nas augas viguesas e que debeu nacer nas carpintarías desta parroquia.

Coruxo dispón dun Centro Recreativo Artístico e Cultural, dunha asociación de veciños e dun pavillón polideportivo. Ademais, conta cunha xunta de montes en mancomunidade que administra unha superficie de 231 hectáreas.

No martes do Entroido quéimase a figura do Castrón. No verán, os barrios de Fragoselo, O Vao e San Lourenzo celebran respectivamente as súas festas na honra de san Sebastián, a Virxe do Carme e San Lourenzo.

Cóntase que na praia do Vao, nesta parroquia Coruxo, hai unha cidade asolagada.[4]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Coruxo.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Coruxo

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Coruxo no concello de Vigo (Pontevedra)

Abade | Bouzós | O Breadouro | O Burdés | A Calzada | O Carballal | A Carrasqueira | O Ceán | O Combro | Coruxo de Abaixo | O Cotarelo | O Coto de Abaixo | O Coto de Arriba | A Fontenla | Fragoselo | A Gándara | O Gato | A Igrexa | As Laxes | A Longra | Luz | Melcas | Moláns | Os Muíños | A Parrocha | A Pedreira | As Quintas | O Río | Romeu | As Roteas | O Rozo | San Lourenzo | A Silveira | A Taberna | Tarrío | A Tintureira | Toralla | A Torre | O Vao | O Verdeal | Viñó

Parroquias de Vigo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Coruxo (San Salvador) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Saiáns (San Xurxo) | San Miguel de Oia (San Miguel) | San Paio (San Paio de Fóra) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

  1. 1 2 DECRETO 27/2026, do 30 de marzo, polo que se aproba o Nomenclátor de Galicia.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023.
  3. Lamas, Jorge (18 de agosto de 2021). "Un arte popular con la mirada puesta en el más allá". La Voz de Galicia (en castelán).
  4. Cuba, X. R.; Reigosa, A.; Miranda, X. (2008). Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Xerais. p. 247. ISBN 978-84-9782-869-7..

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]