Coia, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coia
Avenida de Castelao, Coia, Vigo.jpg
Situación Coia, Vigo.PNG
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°14′10″N 8°43′36″O / 42.2361, -8.72667Coordenadas: 42°14′10″N 8°43′36″O / 42.2361, -8.72667
Poboación28.903 hab. (2020)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

San Martiño de Coia[2] é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Bouzas, Castrelos, Comesaña, Freixeiro, Matamá e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Polígono.

Ten dúas entidades de poboación (Coia e As Travesas), 4 lugares e máis de 28.903 veciños (2020), 13.752 homes e 15.151 mulleres.[3] Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Adro, Carballa, O Castro Castriño, O Chouzo, A Espedrigada, Esturáns, Figueirido, Lavadouro e Quintela.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1371 o rei Henrique II de Castela fixo doazón ao bispo tudense Joán de Castro do Couto e bailía de Coia e a parroquia foi ente independente até 1901 en que a Deputación Provincial de Pontevedra incorporouna ao concello de Vigo.[4]

Antigamente nas Travesas atopábanse as cocheiras dos tranvías. En 1941 levantouse na praza de Travesas (actual praza de América) o IES Santa Irene, grazas á doazón de Policarpo Sanz cando morreu a súa muller Irene de Ceballos.

Os primeiros edificios foron construídos pola Promotora Benéfico Popular da Caixa de Aforros Municipal de Vigo. O proxecto foi para o arquitecto Desiderio Pernas, mais o barrio non se desenvolveu segundo os seus plans.[5] Despois construíronse vivendas promovidas en cooperativa por empresas como Citroën e os estaleiros Vulcano, amais de vivendas de protección oficial.

No seu momento o barrio foi criticado polos excesos urbanísticos, que deron pé á construción de edificios sumamente altos, e pola alta criminalidade e marxinalidade na zona[Cómpre referencia].

Descrición[editar | editar a fonte]

Venancio R. Riobó sinálaa como casa dos templarios a partir do ano 1200.[6]

É un barrio residencial con numerosas zonas verdes. É un dos barrios máis poboados da cidade, estruturado en torno á Avenida de Castelao, que vai dende a Praza de América ata a Avenida de Europa (camiño para ir a Samil).

No barrio hai varios colectivos cidadáns: as asociacións de veciños "Camiño Vello" (organizadora da Marcha Ciclista de Coia, creada pola fundadora da Asociación Xuvenil desta AAVV: Nelly Pérez Giráldez) e "Cristo da Vitoria" (organizadora do Medio-Maratón de Coia), o comité de solidariedade Óscar Romero, a Asociación Xuvenil Luar, o Club Vigo Voleibol (con sede no Pavillón de Coia) e o C.D. Coya.

O calendario estival acolle en xullo as Festas da Consolación cos seus conseguintes fogos artificiais.

Instalacións[editar | editar a fonte]

Polideportivo de Coia.[7]

Na parroquia atópase o Pavillón Polideportivo Coia, lugar en que xoga os seus partidos o Club Vigo Voleibol, equipo profesional de voleibol que milita na Superliga. Tamén se atopa o Complexo Deportivo das Travesas, onde se celebran partidos de fútbol sala, voleibol, hóckey a patíns, baloncesto etc., así coma mitins e outros actos políticos e numerosos concertos de música.

O campo de fútbol da Bouza é o feudo do C. D. Coia e do Club Victoria. Outro club de relevancia é o Balonmán Seis do Nadal-Coia.

O campo de fútbol de Coia acolleu os partidos do Real Club Celta de Vigo até a construción do Estadio de Balaídos. Ademais, en 1922 acolleu a final da Copa do Rei de fútbol.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Igrexa de San Martiño. 
Espadana na praza da Consolación. 
Igrexa do Cristo da Vitoria.[8] 
Igrexa de N.ª S.ª do Rocío.[9] 
Igrexa do Perpetuo Socorro.[10] 
Xulgados de Vigo. 
Seccións da Audiencia. 
Delegación de Facenda. 
Buque Bernardo Alfageme. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. DOG do Nomenclátor oficial da Xunta de Galicia
  3. Atlántico. "Bouzas y Coia pierden vecinos y vuelven a sus cifras de 2000". Atlántico (en castelán). Consultado o 24 de agosto de 2020. 
  4. "«Nós, os de Coia»". Galicia Confidencial. Consultado o 2021-03-24. 
  5. Iglesias, Suso (marzo de 2018). "La Insurgencia". Luzes (54): 76. 
  6. Rolland, Eduardo (2021-07-23). "Cuando Coia era tierra de templarios". VigoÉ (en castelán). Consultado o 2021-08-06. 
  7. "Ficha na web do concello.". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 24 de agosto de 2011. 
  8. Igrexa parroquial na Rúa Baiona, 42.214919° N 8.749979° W
  9. Igrexa parroquial na Avenida de Castelao, 42.218188° N 8.748546° W
  10. Igrexa parroquial na Rúa Lalín, 42.221145° N 8.733999° W

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Coia[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Coia no concello de Vigo (Pontevedra)

O Adro | O Castro Castriño | O Chouzo | Esturáns

Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]