Trofeo Memorial Quinocho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Trofeo Memorial Quinocho é un torneo futbolístico de verán[1] de carácter amigábel que se disputa anualmente no Estadio Municipal de Balaídos e que é organizado polo Celta de Vigo. Está dedicado ao antigo futbolista e xerente do equipo, Joaquín Fernández Santomé 'Quinocho', asasinado tras un atraco á sede do club.[2]

Comezou a disputarse no ano 1995 e, desde entón celebrouse todos os anos en Balaídos, excepto en 2006 que se disputou en Melgaço por mor do mal estado do céspede do estadio vigués.[3][4]

Finais[editar | editar a fonte]

Ano Campión Subcampión Resultado
2019 Italia Società Sportiva Lazio Galicia Celta de Vigo 2-1
2018 Alemaña Mainz 05 Galicia Celta de Vigo 2-1
2017 Italia Udinese Calcio Galicia Celta de Vigo 1-1 (3-2 p)
2016 Galicia Celta de Vigo Portugal Sporting de Braga 2-1
2015 Galicia Celta de Vigo Italia Genoa 4–0
2014 Galicia Celta de Vigo Italia Cagliari 4–0
2013 Galicia Celta de Vigo Inglaterra Southampton F.C. 0–0 (4-1 p)
2012 Galicia Celta de Vigo Inglaterra Wigan Athletic 1–0
2011 Galicia Celta de Vigo Portugal Sporting de Braga 2–1
2010 Portugal Paços de Ferreira Galicia Celta de Vigo 1–0
2009 Galicia Celta de Vigo España Valladolid 1–0
2008 Galicia Celta de Vigo España Numancia 0–0 (5–4 p)
2007 Galicia Celta de Vigo Portugal Boavista 3–1
2006[5] Galicia Celta de Vigo Portugal Sporting de Braga 2–1
2005 Galicia Celta de Vigo Portugal Sporting de Braga 2–0
2004[6] Galicia Celta de Vigo Portugal Sporting de Braga 3–2
2003 Galicia Celta de Vigo Grecia Olympiakos 2–2 (3–1 p)
2002 Galicia Celta de Vigo Portugal Vitória de Guimarães 4–0
2001[7] Galicia Celta de Vigo España Las Palmas 2–0
2000 Galicia Celta de Vigo Italia Roma 1–1 (p)
1999 Galicia Celta de Vigo España Betis 2–1
1998 Galicia Celta de Vigo España Betis 2–0
1997 Portugal Vitória de Guimarães Galicia Celta de Vigo 2–1
1996 Galicia Celta de Vigo España Athletic de Bilbao 2–1
1995 Galicia Celta de Vigo Galicia Compostela 1–2

Palmarés[editar | editar a fonte]

Equipo Títulos Anos
Galicia Celta de Vigo 19 1995, 1996, 1998, 1999, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, 2007, 2008, 2009, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016
Portugal Vitória de Guimarães 1 1997
Portugal Paços de Ferreira 1 2010
Italia Udinese Calcio 1 2017
Alemaña Mainz 05 1 2018
Italia Società Sportiva Lazio 1 2019

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A X edición do torneo, celebrada o 4 de xaneiro de 2005, foi a única que non se disputou en verán.
  2. O xerente do Celta, asasinado nova aparecida no diario El País (en castelán)
  3. "El Memorial Quinocho regresa un año después". En 20minutos.es. Consultado o 26 de xullo de 2012. (en castelán)
  4. "El Celta suspende sus amistosos en Balaídos". El Mundo (en castelán). 10 de agosto de 2006. Consultado o 29 de outubro de 2019. 
  5. Disputado en Melgaço, por mor do mal estado do céspede de Balaídos.
  6. En realidade, esta edición xogouse o 4 de xaneiro do ano 2005. Así se indica na hemeroteca de El Mundo Deportivo.
  7. Edición celebrada no estadio de San Lázaro, Santiago de Compostela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]