Saltar ao contido

Valadares, Vigo

Valadares
Fonte da Cuncha, ó principio dunha das subidas ó Monte Alba
ConcelloVigo[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°10′28″N 8°43′36″O / 42.174444444444, -8.7266666666667
Área13 km²
Poboación5.407 hab. (2022)
Densidade415,92 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

Santo André de Valadares é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Comesaña, Coruxo, Matamá e Zamáns e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo André. Ten 10 entidades de poboación, 11 lugares e Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 5.407 habitantes (2.619 homes e 2.788 mulleres).

As súas entidades de poboación son as seguintes: As Barrocas (710), O Cañizo (249), O Carregal (685), O Freixo (294), A Gándara (333), A Garrida (1.232), A Igrexa (699), O Portal (677), Seoane (175) e A Sobreira (414).

Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Alba, Bertoles, A Costa, O Fabás, O Outeiro, O Outide, A Pinguela, O Prado, San Xoán, A Senra e A Simona.

Xentilicio

[editar | editar a fonte]

O seu xentilicio é valadarexo[3].

Situación

[editar | editar a fonte]

Valadares está situado ás aforas do concello de Vigo. É unha parroquia extensa, con case 13 km2 , cunha orografía accidentada e os montes Alba e Galiñeiro como fronteira entre o Val de Fragoso e o Val de Miñor. A existencia de importantes masas forestais é outra das características desta parroquia que segundo o último censo, ten 5.414 habitantes.

Dispón dun servizo regular de autobuses (liña L7) que saen dende Vigo (Praza España) en dirección a distintas zonas da parroquia (cada 30 minutos). Tamén hai un servizo regular de transporte interurbano que sae da Estación de Autobuses da Avda. de Madrid cara Gondomar.

Tradicionalmente únese a historia desta parroquia coa liñaxe dos Valadares, que máis tarde lle dará nome ó marquesado. É moi posible que a casa de Valadares adquirise o dominio durante as loitas feudais do S.XV. As novas referentes a estas terras non comezan ata ben entrado o período moderno, xa que apenas hai datos do medievo. no S.XVII obtivo o nomeamento de vila e cabeceira de marquesado, como consecuencia da institución realizada o 4 de abril de 1673 a favor de Luís de Valadares Meira e Sarmiento, que xa tiña o título de vizconde dende 1669 en compensación polos seus servizos prestados ó rei.

A constitución desta nova parroquia é mais tardía que outras e data dos séculos XIV ó XV. Posiblemente estas terras estarían cubertas de monte e figurarían como couto anexo á parroquia de Vincios, que estaría baixo a xurisdición do bispo de Tui.

Figura na relación de concellos realizada de acordo co decreto do 23 de xullo de 1835, igual que o fai no repartimento xeral sobre o consumo de viños, vinagre, augardente, aceite e carne de 1821, pagando este concello un total de 30.716 reais e 13 marabedís.

Valadares mantivo o status de villa ata a reforma territorial de 1837 xa que a reforma administrativa liberal dese ano fixo perder a Valadares a condición de couto e pasou a integrarse no concello de Lavadores para posteriormente unirse ó de Vigo en 1941.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

A capela do monte Alba mantén o escudo de armas da familia Valadares, que chegou a ser unha das máis poderosas do sur de Galiza. O conxunto da igrexa parroquial, o cemiterio, o adro e o campo da festa datan dos séculos XVII-XVIII. Na parroquia catalogáronse 240 hórreos (que os veciños chaman cabanas) dos que máis da metade superan os cen anos.

Entre as celebracións da parroquia destacan o Revoltallo de música emerxente, a festa do San Campio (celebrada a finais de agosto), a festa do Santisimo Cristo dos Aflixidos (celebrada a principios de xuño) e o festival de música Freixo-Rock.

Unión Musical de Valladares

[editar | editar a fonte]

Valadares é moi coñecida no territorio galego grazas a súa banda de música, a Unión Musical de Valladares, unha das máis importantes bandas de música da comunidade, e unha das máis antigas.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Valadares

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Valadares no concello de Vigo (Pontevedra)

Alba | As Barrocas | Bertoles | O Canizo | O Carregal | A Costa | Fabás | O Freixo | A Gándara | A Garrida | A Igrexa | O Outeiro | A Pinguela | O Portal | Prado | San Xoán | A Senra | Seoane | A Simona | A Sobreira

Parroquias de Vigo

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Mosquera, Javier; Cameselle, Gillermo (1995). Vigo a través de sus barrios (en castelán). Faro de Vigo. ISBN 84-87657-90-7. 
  • Mosquera, Javier; Franco, Fernando (2002). Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana (en castelán). Fundación Caixa Galicia, Faro de Vigo. pp. 257–272. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]