Saltar ao contido

Edificio El Moderno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edificio El Moderno
Vigo Editar o valor en Wikidata
Vista xeral da fachada desde a Porta do Sol de Vigo.
 Instancia de
 Estilo
Persoas e organizacións
 Encargado por
 Arquitecto/a
Datas e cronoloxía
 Fundación
1902 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Rúa
 Enderezo
Rúa Policarpo Sanz, 1 Editar o valor en Wikidata
 País
Fontes e ligazóns
Redes
Patrimonio Galego: 19565
Wikidata C:Commons

O Edificio El Moderno é unha construción civil da cidade de Vigo, situada na número 1 da rúa Policarpo Sanz, facendo esquina coa rúa de Carral. É un dos edificios históricos máis significativos da cidade.

A súa construción promoveuna Manuel Bárcena Franco, conde de Torrecedeira, co obxectivo de facer un edificio para vivendas de renda. O arquitecto ao que se encomendou o encargo foi o francés de orixe polaca Michel Pacewicz, que iniciou as obras en 1897 e rematounas en 1902. O edificio recibe o nome de "El Moderno" por un famoso hotel que estivo alí instalado,[1] e que recibía ese nome, creado en 1906 por Jesús Fernández Otero, primeiro tenente de alcalde de Vigo, e empresario que tamén explotaría o Hotel Continental. Foi renovado en 1953 polo produtor de cinema Cesáreo González, que lle deu o nome de Gran Hotel.

Construción e estilo

[editar | editar a fonte]

Trátase dunha obra onde a influencia francesa é máis que evidente. O edificio consta de semisoto, planta baixa, entreplanta, tres plantas, e un ático baixo cuberta con óculos. Unha modificación en 1977, moi pouco respectuosa co edificio orixinal, modificou o interior por completo, a cuberta para sumar dous andares, e eliminou a cúpula de escamas cromáticas que coroa a rotonda do esquinal.[1]

A fachada a Policarpo Sanz é simétrica e ofrece unha composición de diferentes formas arquitectónicas,[2] distribuídas segundo as plantas, mesturando vans de diferentes alturas e anchuras, illados ou englobados entre grandes columnatas corintias, con frontóns neobarrocos partidos con volutas; tamén combina balcóns corridos e individuais, con petrís pétreos ou forxados, amofadillado con alternancia de perpiaños e dovelas resaltados mediante esgrafiado, arcos escarzanos, semicirculares, elípticos, e linteis fortemente decorados. Inspirado nun barroco rococó francés, pero con forte presenza modernistas nos ventanais e arcos rebaixados, así como a cúpula e os balcóns con pedra novelda. Destaca a perfección do traballo de cantaría, outra mostra máis do nivel de calidade alcanzado pola profesión en Vigo neses anos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcións Conde, p. 257.
  2. Garrido Rodríguez, Jaime, 2000: Arquitectura da Pedra en Vigo, Vigo, Construcións Conde, p. 257-258.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]