Conversa modelo:De interese en Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Por que nun modelo sobre lugares de interese de Vigo aparecen artigos de institucións deportivas como o Celta ou o Coruxo? Tampouco entendo por que aparece Vitrasa en "outros lugares". Como estes casos hai máis, entre eles os numerosos hospitais, que non sei ata que punto son lugares de interese ou inmobles senlleiros (se algún é arquitectonicamente interesante ou destacable como podería ser o Hospital de la Santa Creu i Sant Pau o podo entender, mais non parece o caso, canto menos da maioria) Penso que deberiamos adicar este modelo a lugares que teñan un interese turístico ou cultural (incluíndo recintos feirais) ou canto menos a lugares (sen incluir institucións) --Piquito (conversa) 28 de novembro de 2015 ás 00:19 (UTC)

Concordo con que este modelo precisa unha reestruturación. Aparecen mesturados lugares, institucións e eventos e tanta variedade resta claridade ao modelo. Ademais non creo que a organización como está sexa útil: non ten o mesmo interese o Hospital Álvaro Cunqueiro que o edificio Banco de Vigo, por exemplo. Tampouco entendo que artigos entran en "inmobles" e cales non: non son inmobles as estacións de tren, os estadios, a fortaleza ou a planta de Citroën? Penso que podería haber dúas solucións: