Complexo Deportivo das Travesas
| As Travesas | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Vigo | |||||
Vista xeral | |||||
| Dimensión | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Fontes e ligazóns | |||||
| |||||
| Wikidata | |||||
O Complexo Deportivo das Travesas é un recinto polideportivo situado nas Travesas, na parroquia viguesa de Freixeiro, construído en 1968 e con capacidade para 3.500 persoas.
Serve de feudo ao Real Club Celta Indepo de baloncesto e máis ao Octavio Pilotes Posada de balonmán.
Instalacións
[editar | editar a fonte]O complexo deportivo alberga as oficinas do Instituto Municipal dos Deportes de Vigo e diversos pavillóns e pistas. Dispón dun campo de fútbol de céspede artificial, tres pavillóns polideportivos de 500, 300 e 100 prazas, cinco pistas exteriores de frontón e unha pista exterior de asfalto para a práctica de atletismo e ciclismo.
O pavillón central ten capacidade para 3.500 persoas. Conta cunha tarima de madeira flotante de 46,22 x 25,31 m de superficie.
A superficie total do complexo deportivo é de 13.400 m². Foi remodelado por última vez en 1999.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web do Instituto municipal dos deportes do Concello de Vigo Arquivado 27 de abril de 2012 en Wayback Machine.
