Navia, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Navia
Festival Aéreo Samil 2008, Vigo.jpg
Praia de Samil en Navia.
Situación Navia, Vigo.PNG
Concello Vigo
Poboación 5.458 hab. (2013)
Entidades de poboación 21
Edificios 'Rabo de Galo' no PAU de Navia.

San Paio de Navia é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Comesaña e Coruxo e pertence ó arciprestado de Vigo-Santo Andrés. Ten 12 entidades de poboación, 10 lugares e censados 5.458 veciños (2013).

As súas entidades de poboación son as seguintes: A Devesa (316), A Gándara (181), Goberna (45), As Pereiras (510), As Pertegueiras (59), Quintela (90), O Redondo (362), Samil (191), A Tomada (125), A Torre (119), O Xuncal (192), As Teixugueiras (600). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): A Barroca, O Bravo, O Cerqueiro, A Eira Vella, Ferreira, A Igrexa, O Lourido, O Outeiro, O Piñeiro e As Saíñas.

Historia[editar | editar a fonte]

Formou parte do Concello de Fragoso ata 1837, cando se integrou en Bouzas. Dende a década dos anos 70 experimentou un profundo desenvolvemento urbanístico concentrándose a poboación ao redor da Alameda de Emilio Crespo Cano, a urbanización Samil, e co desenvolvemento do PAU de Navia, na nova urbanización.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Entre os monumentos destacan o cruceiro da Devesa e os restos do Muíño do Vento, un dos escasos exemplos destas edificacións no sur de Galicia. Na parroquia atópase a praia de Samil, un extenso areal de 3 quilómetros de lonxitude. Samil tamén é zona de expansión social e de lecer nocturno, cunha ampla zona de discotecas e pubs, e destino principal dos autobuses urbanos nocturnos (tamén chamados "búhos").

Asociacións[editar | editar a fonte]

A principal entidade social da parroquia é a Asociación Veciñal de Navia, con sede na rúa Bravo nº6 e conta cunhas completas instalacións con auditorio e sala de conferencias onde se celebran eventos culturais, conferencias, cursos e proxeccións durante todo o ano. Tamén existe a Asociación Veciñal "Novo Vigo" que foi creada en 2011 para tódolos veciños do Pau de Navia. Destaca a existencia dunha emisora de radio veciñal, Onda Navia, que emite na frecuencia 106.10 FM.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Navia[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Navia no concello de Vigo (Pontevedra)

A Barroca | O Bravo | O Cerqueiro | A Devesa | A Eira Vella | Ferreira | A Gándara | Goberna | A Igrexa | O Lourido | O Outeiro | As Pereiras | As Pertegueiras | O Piñeiro | Quintela | O Redondo | As Saíñas | Samil | A Tomada | A Torre | O Xuncal

Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | San Xoán do Monte (San Xoán) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]