Saltar ao contido

Igrexa da Soidade de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa da Soidade de Vigo
Vigo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Estilo
 Relixión
Implicados
 Arquitecto/a
 Dedicado a
Organizacións
 Diocese
Datas
 Fundación / creación
1957 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 101022
Wikidata C:Commons

A igrexa de Nosa Señora da Soidade de Vigo é un templo católico construído en pedra no barrio do Castro[1], no ano 1957 polo arquitecto galego Antonio Cominges Tapias. Igrexa de estilo neoclasicista, próstilo de nave rectangular, inspirada na igrexa parisiense da Madalena de Vignon. Na fachada principal sitúase un pórtico tretástilo no que están presentes todos os elementos da orde xónica. Na entrada principal mantense o sistema clásico e en cada ángulo do paramento frontal incorpórase unha pilastra xónica. Foi promovida polo que foi bispo vigués de Madrid-Alcalá Leopoldo Eijo Garay do seu propio peculio e doada polos seus herdeiros ao bispado de Tui-Vigo o 9 de outubro de 1964.

  1. "Nosa Señora da Soidade". DIOCESE TUI-VIGO. Consultado o 2023-09-09.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]