Oia, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oia
Porto de Canido, Oia, Vigo, Galiza.jpg
Porto de Canido.
Situación Oia, Vigo.PNG
Concello Vigo
Área 7,2 km²
Poboación 3.981 hab. (2013)
Densidade 552,92 hab./km²
Entidades de poboación 37

San Miguel de Oia é unha parroquia do concello de Vigo. Segundo o IGE en 2013 tiña 3.981 habitantes, 1.921 homes e 2.060 mulleres. Limita coas parroquias de Coruxo e Saiáns, e pertence ao arciprestado de Vigo-Santo André.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Está situada ao suroeste do concello e do núcleo urbano de Vigo. Ten 7,2 km², e as súas costas dan á ría de Vigo, fronte ás illas Cíes

Historia[editar | editar a fonte]

No sitio arqueolóxico da leira Mirambell atopáronse restos datados entre os séculos III e VI.

A parroquia estivo durante a Idade Moderna baixo control do Cabido de Tui. No século XVIII, dada a importancia da actividade do cultivo do liño e da artesanía derivada, naceu a Irmandade dos Liñares, e tempo despois construíuse a Capela dos Liñares.

A parroquia posúe dous cruceiros, un no lugar do Cruceiro, que data do 1859, e o do adro da igrexa.

Demografía[editar | editar a fonte]

En 2007 tiña 3.968 habitantes, sendo o núcleo máis poboado Canido, con 280. O resto son Amariz (55), As Eiras (56), A Estación (238), A Estea (70), A Poza (47), As Rochas (54), Cabo Estai (143), Canido (280), A Estrada Cortada (186), Cerqueiro (25), O Cruceiro (77), Currás (88),Esteriz (137), A Estomada (67), As Figueiras (162), Gontade (141), As Grades (60), A Ermida (183), A Igrexa (80), Lantexa (40), A Lavandeira (86), Os Liñares (83), O Loureiro (128), A Matoca (109), Mide (278), Oia (95), O Outeiro (102), O Bouzo (172), O Rozo (171), A Senra de Abaixo (99), A Senra de Arriba (107), O Silval (66), O Sixtro (147), O Toucido (67), O Toxal (27) e A Verdella (74).

Economía[editar | editar a fonte]

A vida económica da parroquia xira arredor da pesca (con importancia da industria conserveira) e o turismo, dado que ten varias praias.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

Conta coas praias de Canido, Sobreira, Fuchiños e Xunqueiro.

Na parroquia está o instituto oceanográfico de Vigo, e consérvanse nela 154 hórreos.[Cómpre referencia]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Oia[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Oia no concello de Vigo (Pontevedra)

Amariz | O Bouzo | Cabo Estai | Canido | Carretera Cortada | Cerqueiro | O Cruceiro | Currás | As Eiras | A Ermida | A Estación | A Estea | Esteriz | A Estomada | As Figueiras | Fochiños | Gontade | As Grades | A Igrexa | Lantexa | A Lavandeira | Os Liñares | O Loureiro | A Matoca | Mide | Oia | O Outeiro | A Poza | As Rochas | O Rozo | A Senra de Abaixo | A Senra de Arriba | O Silval | O Sistro | O Toucido | O Toxal | A Verdella

Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | San Xoán do Monte (San Xoán) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]