Real Club Náutico de Vigo
O Real Club Náutico de Vigo é un club náutico da cidade de Vigo. O seu club de remo compite actualmente na Liga Galega de Traiñeiras, competición que gañou no 2008.
Historia[editar | editar a fonte]
![]() |
||
Escudo do club en versión SVG e o da fachada da sede.
|
O 17 de abril de 1906 fúndase o Real Club Náutico de Vigo coa ilusión principal dos seus fundadores de aglutinar aos deportes náuticos na cidade. A filosofía daqueles deportistas de principios de século era que unha cidade como Vigo, que vivía do mar e cara ao mar, esixía e merecía ter un Club Náutico. O seu primeiro Presidente foi Antonio Conde quen ofreceu ao rei Alfonso XIII a presidencia de Honra do novo Club Náutico de Vigo. O 7 de agosto daquel mesmo ano aceptou, polo que se incorporou o termo Real ao nome do club.
Entre 1926 e 1929 a sede do club foi un gran barco de tres paus e 800 toneladas de rexistro, chamado Klosofic, fondeado fronte ao peirao actual. Nas súas cubertas celebrábanse festas de alto nivel social, e nas adegas gardábanse as embarcacións.
O 4 de agosto de 1945 inaugurouse o seu edificio social no centro da cidade ao lado do mar. Os arquitectos da sede social foron Francisco Castro Represas e Pedro Alonso Pérez. En 1967 o Náutico abre a súa piscina cuberta climatizada, a primeira de Galiza. A nova piscina dá un enorme impulso ao deporte de natación e wáter-polo no club permitindo aos deportistas adestrar todo o ano.
En 1987 o club amplía as súas instalacións ao comprar o antigo Club chamado Los Abetos no Concello de Nigrán. O maior éxito da súa sección de remo foi o título da Liga Galega de Traiñeiras acadado en 2008, mais non puido acadar o ascenso á Liga ACT no play-off.
Regatas[editar | editar a fonte]
Entre as numerosas regatas que organiza, destacan as seguintes:
- Memorial Cholo Armada
- Trofeo Porto de Vigo
- Regata Gardamariña
Palmarés[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Real Club Náutico de Vigo |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- El nacimiento del Real Club Náutico de Vigo Efemérides del Puerto de Vigo 31, decembro de 2014.