Estación de Vigo-Urzaiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°14′05″N 8°42′46″O / 42.23472, -8.71278

Vigo-Urzaiz
Adif Alta Velocidad Vigo-Urzáiz.JPG
Estación de Vigo-Urzaiz
SituaciónPraza da Estación s/n
36201 Vigo
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCafeteríaCarros portavultosAlugamento de cochesVenda de Billetes
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Bus
4A, 4C, 5A, 9A, 9B, 11, 15B, 15C, 24
Aiga taxi.svg
Taxi
Si

A estación de Vigo-Urzaiz (ás veces grafado Urzáiz) é unha estación de ferrocarril de Adif siatuada na cidade de Vigo. Constitúe unha das cabeceiras da liña 06-850 "Vigo-Urzaiz - Bifurcación de Arcade", integrada no eixe atlántico de alta velocidade. O edificio, deseñado por Thom Mayne, foi inaugurado oficialmente o 16 de abril de 2015[1] e dous días máis tarde abriu ao público.[2]

Está situada na praza da Estación, no céntrico barrio de Casablanca, próxima á rúa Urzaiz (que dá nome á terminal) e no mesmo lugar onde se atopaba a antiga estación de Vigo, derrubada en 2011 e substituída provisionalmente pola estación de Vigo-Guixar.[3] Actualmente, Guixar concentra os servizos de Longa Distancia, Rexionais e internacionais, mentres que Urzaiz é punto de chegada e partida dos trens directos entre A Coruña e Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Antiga estación de Vigo.
Acceso á nova Estación Vigo-Urzaiz.

En xaneiro 2011 o Ministerio de Fomento adxudicou á UTE formada polas empresas FCC e Acciona as obras da nova estación de Vigo-Urzaiz, cabeceira do eixe atlántico de alta velocidade. O orzamento da adxudicación ascendeu a 68,4 millóns de euros.[3] O proxecto consiste na execución da obra civil a nivel de praia de vías (nivel de plataformas) da nova estación de Vigo-Urzaiz, a cal se sitúa no mesmo lugar que a estación de 1987, pero a unha cota 15 metros inferior, como consecuencia do trazado adoptado para o acceso a Vigo da nova liña ferroviaria do eixe atlántico, e cuxo acceso se realiza, desde Redondela, a través do túnel das Maceiras, de 8 km de lonxitude.[3]

Superficie.

A nova estación, que será intermodal, proxectouse cun total de seis vías, con catro plataformas de 400 m de lonxitude e de entre 10 e 12,7 m de largo, situadas de forma que todas as vías sexan operativas para o tránsito de viaxeiros.[3]

O 27 de agosto de 2011 pechou temporalmente a estación de Vigo, procedendo á demolición de todas as instalacións (incluíndo as naves de mantemento) para logo construír unha estación subterránea 15 metros por debaixo da cota orixinal. Os servizos ferroviarios desviáronse á estación de Vigo-Guixar, que ata entón funcionara como estación de mercadorías. Os talleres de mantemento foron trasladados definitivamente á estación de Redondela en xullo de 2012.

Escaleiras mecánicas desde a plataforma da estación ao nivel da rúa.

A continuación iniciáronse as obras da infraestrutura ferroviaria, que finalizaron en marzo de 2015. Inicialmente íase construír un centro comercial Vialia enriba do caixón ferroviario pero a falta de interese dos promotores privados fixo aprazar a obra, deixando as estruturas preparadas para a súa construción no futuro. Por este motivo tívose que construír un edificio provisional fóra da parcela para poder dar servizos ferroviarios, preparado para compatibilizar coas futuras obras do Vialia.

O 6 de marzo de 2015 entrou o primeiro tren, serie 121 de Renfe, á nova estación en probas.[4] O 16 de abril de 2015, 14 nos despois de se asinar o convenio para actualizar o trazado ferroviario que vertebra Galicia, realizouse a viaxe inaugural, coa presenza da ministra de Fomento Ana Pastor e do presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijóo, desde a estación da Coruña.[1]

Finalmente, o sábado 18 de abril de 2015 entrou en servizo comercial a liña de alta velocidade Vigo-A Coruña, cunha oferta de dez frecuencias diarias por sentido. O novo traxecto ten unha duración de 83 minutos, o que representa unha diminución de 47 min respecto a anterior.[2] Desde entón, Vigo-Urzaiz acolle os servizos de alta velocidade, mentres que os servizos convencionais e o enlace internacional con Portugal continúan na estación de Vigo-Guixar.

Servizos ferroviarios[editar | editar a fonte]

Media distancia[editar | editar a fonte]

Actualizados a 10 de xuño de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
1 MD A Coruña
Santiago de Compostela
Pontevedra
Vigo-Urzáiz

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Obras para a nova estación en 2012
Vista xeral da nova estación, en obras. 
Acceso, en obras. 
Plataformas, en obras. 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]