Sárdoma, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sárdoma
San Pedro de Sárdoma, Vigo.JPG
Igrexa parroquial de San Pedro de Sárdoma.
Situación Sárdoma, Vigo.PNG
Concello Vigo
Poboación 2.353 hab. (2013)
Entidades de poboación 13

San Pedro de Sárdoma é unha parroquia do concello pontevedrés de Vigo na comarca de Vigo. Limita coas parroquias de Beade, Castrelos, Freixeiro, Lavadores e Vigo Centro e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Consérvanse, da época medieval, o pazo da Raposeira (do ano 1625), o pazo de San Roque (1688) e a Casa Grande de Aires, do século XVIII. Destaca tamén unha ponte medieval (Ponte de Sárdoma), aínda en uso, dos séculos XII-XIII. A igrexa parroquial, o adro, o cemiterio e a casa reitoral son do século XVIII. A parroquia posúe dous cruceiros, un no adro da igrexa e outro na Laxe.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Ten 9 entidades de poboación, 5 lugares e 2.353 veciños (2013). As súas entidades de poboación son as seguintes: Fragosiño (73), Laxe (566), O Lameiro (182), O Marco (58), Moledo (318), O Outeiro (109), A Pescadeira (81), O Raviso (581) e Relfas (24). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades): O Freixo, Louxadas, Monte da Serra, A Raposeira e A Salgueira.

Festas[editar | editar a fonte]

As festas máis importantes de Sárdoma son as de San Isidro Labrador no mes de maio, e as do patrón San Pedro que se celebra o 29 de xuño.

Servizos[editar | editar a fonte]

A freguesía de Sárdoma, na súa condición semiurbana, ten diferentes parques industriais, a igrexa parroquial, un centro de saúde, varios campos de fútbol, colexios, institutos e entidades bancarias. O seminario maior da diocese de Tui-Vigo está localizado nesta parroquia.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Fachada e torre da igrexa. 

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Sárdoma[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Sárdoma no concello de Vigo (Pontevedra)

Fragosiño | O Freixo | O Lameiro | Laxe | Louxadas | O Marco | Moledo | Monte da Serra | O Outeiro | A Raposeira | O Raviso | Relfas | A Salgueira

Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | San Xoán do Monte (San Xoán) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]