Saltar ao contido

Igrexa de Santiago de Bembrive

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Santiago de Bembrive
Bembrive Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Características
 Estilo
 Dedicado a
 Relixión
Implicados
 Dedicado a
Localización
 Situado en
 Diocese
 Coordenadas
Fontes e ligazóns
Patrimonio Galego: 56202Enciclopedia Galega Universal: 85211
Wikidata C:Commons

A igrexa parroquial de Santiago de Bembrive é un templo católico de estilo románico de transición, situado na parroquia de Santiago de Bembrive.[1] É unha das tres igrexas románicas do concello de Vigo xunto coa igrexa de Santa María de Castrelos e mais a igrexa de San Salvador de Coruxo.[2]

Construción

[editar | editar a fonte]

Foi construída a finais do século XII e principios do XIII. Pode ser adscrita ó Mestre Rodrigo segundo se desprende dunha inscrición datada sobre 1185, inda que tamén se conserva outra de 1223.[1] A igrexa sufriu varias modificación o longo da historia.[3]

Elementos

[editar | editar a fonte]

Consta dunha soa nave e ábsida, de forma semicircular por dentro e pentagonal por fóra. A nave está dividida en tramos de dous arcos transversais apoiados sobre semicolumnas acaroadas. O arco triunfal é de directriz apuntada ó igual có secundario e ambos apoian sobre semicolumnas. O presbiterio cóbrese con bóveda de canón mentres o polígono no que termina a ábsida faino con bóveda de cascarón. Ten dúas portas laterais e unha na fachada principal, de arquivoltas lixeiramente apuntadas sobre columnas en xambas. Tamén conserva un variado repertorio de canzorriños.[1]

Devoción

[editar | editar a fonte]

O 25 de xullo, celébrase a festa na honra de Santiago o Maior, patrón da parroquia.[2]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 "Igrexa de Santiago de Bembrive". Turgalicia. Consultado o 19/8/2015.
  2. 1 2 "Iglesia de Santiago de Bembrive" (en castelán). Galicia Máxica. Arquivado dende o orixinal o 24/09/2015. Consultado o 19/8/2015.
  3. "Igrexa Románica de Bembrive". Concello de Vigo. Consultado o 19/8/2015.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]