POVISA
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
| POVISA | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Vigo | |||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||
A clínica Povisa (acrónimo de Policlínico de Vigo) é un centro médico concertado no centro urbano de Vigo. Atende pacientes do sur da provincia de Pontevedra. Como centro privado que é, non pertence ó Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, senón que é propiedade do grupo Ribera Salud,[1] que llo adquiriu en 2019 ao grupo Nosa Terra do empresario Xosé Silveira, que á súa vez o adquirira en 1998.[2] Con todo, alberga tamén unha área de docencia para a Escola Universitaria de Enfermaría da Universidade de Vigo. Está provisto de dotación radioterápica.
O hospital está ben instalado na memoria colectiva dos vigueses: estivo nos comezos de profesionais como Jesús Vázquez Almuíña ou Emilio Rolán, así como nos derradeiros momentos de persoeiros da vida viguesa, entre os cales o coñecido futbolista vigués Joaquín Fernández Santomé "Quinocho" ou o arquitecto Xosé Henrique Rodríguez Peña.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Medalla de Ouro de Vigo en 2024.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Beatriz Muñoz (5 de decembro de 2025). "Así creció Ribera Salud en Galicia en la última etapa de Feijóo al frente de la Xunta: tres hospitales en tres años". elDiario.es (en castelán).
- ↑ Eiré, Alfonso (15/11/2018). "O que ninguén lles contou de Povisa". A Nosa Terra. Arquivado dende o orixinal o 24/06/2019. Consultado o 07/08/2019.
- ↑ Alberto Blanco (19 de decembro de 2023). "Povisa, Medalla de Oro de Vigo". Faro de Vigo (en castelán).
