Saltar ao contido

Biblioteca Pública Central de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Biblioteca Pública Central de Vigo

Tipobiblioteca pública e biblioteca central Editar o valor en Wikidata
EpónimoJuan Compañel Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°14′21″N 8°43′31″O / 42.239076, -8.72541
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloVigo Editar o valor en Wikidata
Código postal36202 Editar o valor en Wikidata
Enderezoc/ Joaquín Yáñez, 6 Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1942 Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBbibliotecas.xunta.gal… Editar o valor en Wikidata
Teléfono+34-971-31-27-75 Editar o valor en Wikidata
Correomailto:biblio.publica.vigo@xunta.gal Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: BibliotecaPublicaVigo Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Biblioteca Pública Central de Vigo, tamén coñecida dende 2013 como Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, é unha biblioteca de acceso público na cidade de Vigo.

Foi fundada no ano 1942, cando se constitúe a Biblioteca Popular de Vigo seguindo a orde do Ministerio de Educación Nacional, nun comezo situada na Praza de Compostela ata 1979, cando se traslada á Rúa Romil, ata este entón tiña o nome de Biblioteca Pública Jaime Solá. Neste momento iníciase unha etapa de mellora da biblioteca, crecemento dos fondos, espazo e persoal.

Posteriormente, o Concello merca o Edificio Ferro, rehabilitándoo e inaugurando alí a nova sede en 1995, que pasa a denominarse Biblioteca Pública Central de Vigo ata 2013, cando nun pleno acórdase cambiar o nome polo de Biblioteca Pública Juan Compañel.

Servizos e actividades

[editar | editar a fonte]
Centro de documentación e recursos feministas.

A biblioteca pon a disposición dos usuarios unha serie de servizos adicionais, entre os que destacan:

  • Biblioteca Accesible: É froito dun convenio entre o Ministerio de Industria e Turismo e a Xunta de Galicia, co obxectivo de achegar reforzo infraestrutural no tocante á informática e as redes dentro da biblioteca, orientado fundamentalmente a persoas discapacitadas.
  • Cesión de espazos: A biblioteca pon a disposición dos usuarios determinadas instalacións para propiciar o intercambio e difusión cultural, constituíndo un espazo de participación e encontro dos membros da comunidade.
  • Servizo de préstamo e consulta de recursos electrónicos (GaliciaLe e Biblioteca Dixital da Rede): Permite acceder á lectura en formato electrónico mediante o préstamo e acceso a recursos electrónicos, orientada a todo lector con carné de biblioteca de calquera biblioteca que pertenza á Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
  • Servizo de préstamo de portátiles e lectores de libros electrónicos.
  • Servizo de reprodución de documentos: A través deste servizo os usuarios poden reproducir documentos impresos, convertelos a formato dixital, imprimir traballos persoais, etc.
  • Servizo de información e referencia: Ofrece información sobre a propia biblioteca e apoia ó lector naa resolución das súas necesidades informativas específicas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]