O Marisquiño
| O Marisquiño | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata C:Commons |
O Marisquiño é un evento deportivo e cultural urbano que se celebra na cidade de Vigo cada mes de agosto dende o ano 2001[1]. Tras unha longa etapa no Porto de Vigo, actualmente ten a súa sede principal na contorna da Praia de Samil, aínda que mantén algunhas probas no centro da cidade. O evento conta con actividades de concertos, grafitis e competicións de deportes urbanos, e está consolidado como un dos festivais de referencia no sur de Europa.[2]
Entre as modalidades deportivas que forman parte do seu programa están o Basket 3×3, o skate, o BMX, o "Dirt Jump", o "Motocross", ademais do espectacular descenso en bicicleta polo Casco Vello, unha das súas probas máis emblemáticas.
Accidente de 2018
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Accidente do Marisquiño.
O día 12 de agosto de 2018 ás 23:58 horas ocorreu un accidente ao esboroarse a estrutura de formigón sobre a que descansaba unha plataforma de madeira do Porto de Vigo, nas Avenidas, durante un concerto de música.[3][4] Ao día seguinte calculaban que houbera 377 persoas feridas,[5] aínda que de diversa consideración chegaron a 467.[6]
En setembro de 2018 a Federación de Asociacións Veciñais Eduardo Chao (Favec)[7] creou unha Plataforma de Afectados polo Accidente do Marisquiño[6] e o Parlamento de Galicia, unha comisión política sobre o accidente.[8]
A derradeira edición foi a do ano 2019. En 2021 anunciouse que non se ía celebrar máis en Vigo.[9] Aínda así, o festival continuouse celebrando, mais buscando unha nova localización.[10]
A partir da edición de 2023, a praia de Samil e a súa contorna acollen a maior parte das probas do festival O Marisquiño. Este cambio de localización, dende o Porto de Vigo cara a Samil, respondeu á necesidade de atopar espazos máis amplos e seguros que permitisen o crecemento do festival. O obxectivo era mellorar a experiencia tanto para os deportistas como para o público, evitando as aglomeracións do centro e ofrecendo un contorno natural espectacular coas Illas Cíes de fondo.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'O Marisquiño' presenta la edición más internacional de su historia". El País. 11 de agosto de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2018.
- ↑ "El Marisquiño más olímpico de la historia". Metropolitano.gal. 2 de agosto de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2018.
- ↑ "Accidente en O Marisquiño. Más de 310 heridos, cinco graves, al desplomarse una pasarela en Vigo". Faro de Vigo. 13 de agosto de 2018. Consultado o 23 de novembro de 2018.
- ↑ "Más de 370 heridos, al menos cinco graves, al colapsar el suelo durante un festival en Vigo". El País. 13 de agosto de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2018.
- ↑ A. Leyenda, Sandra Penelas, Rafa López, Amara Santos, M. Clavero (13 de agosto de 2018). "Accidente de O Marisquiño de Vigo: 5 heridos graves y 377 heridos al ceder el paseo de As Avenidas". Faro de Vigo. Consultado o 23 de novembro de 2018.
- 1 2 http://www.atlantico.net/articulo/vigo/nace-plataforma-afectados-marisquino/20180914233529668523.html
- ↑ Adrián Pérez (22 de agosto de 2018). "Favec abre su propia oficina de información para los afectados". Atlántico. Consultado o 19 de novembro de 2018.
- ↑ David Reinero (11 de setembro de 2018). "O Parlamento investigará o accidente do Marisquiño e o PSOE de Vigo ameaza coa relación de Feijóo e Marcial Dorado". Praza Pública. Consultado o 23 de novembro de 2018.
- ↑ "O Marisquiño se va de Vigo". Faro de Vigo, 22/2/2021 (en castelán).
- ↑ "O Marisquiño se adueña de Samil durante cuatro días". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-08-08. Consultado o 2025-11-02.
- ↑ Villanueva, Elena (2023-08-04). "O Marisquiño quiere Samil como escenario de todas las pruebas los próximos años". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2025-11-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Marisquiño |