Saltar ao contido

Pazo de Sensat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo de Sensat

Tipopazo e hotel Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Arquitecto/aAntón Román Conde Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 42°13′19″N 8°45′45″O / 42.22185, -8.76255
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Pontevedra
ConcelloVigo
ParroquiaAlcabre Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBpazolosescudos.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O pazo de Sensat é un pazo situado na Avenida da Atlántida, na parroquia de Alcabre, no concello de Vigo á beira da praia de Carril. O edificio actual data dos anos 40 do século XX, aínda que unha parte data de comezos do século XIX, e onde houbo un pazo anterior do que practicamente non se conservan restos. No entanto, o edificio actual aínda mantén elementos característicos dos pazos galegos, supondo o seu maior atractivo, a colección de 101 brasóns heráldicos espallados polos xardíns e muros ameados, a maior escolma de escudos nobiliarios existente en Galiza. Á beira do pazo está a nova igrexa de Santa Baia, finalizada no ano 1999. O pazo, malia ser relativamente novo, constitúe arquitectonicamente, unha obra senlleira.[1]

Dende o ano 2005 o edificio acolle un hotel de cinco estrelas que leva o nome de Pazo Los Escudos.[2] O establecemento consta de 54 cuartos distribuídos en tres edificios, un deles o antigo pazo de principios do século XIX.[2]

O edificio principal

[editar | editar a fonte]

Conforman o corpo principal do pazo unha edificación en granito, de planta rectangular e dous andares contigua a unha torre en tres alturas e planta cadrada. A fachada atópase profusamente enfeitada con gran cantidade de baixorrelevos representando escenas relixiosas e cunchas de vieira.

O interior caracterízase por unha grande escaleira central feita en madeira e a ampla lareira en pedra. Conserva, ademais, restos do antigo pozo, cortes e unha mesa de pedra baixo o soportal porticado do xardín.

O xardín

[editar | editar a fonte]

Arrodeado cun muro ameado, conta con diferentes fontes, pequenos conxuntos escultóricos e un pombal granítico de planta circular que mantén a mesma decoración que a fachada do edificio principal, cun tellado rematado cunha esfera de granito.

Os escudos

[editar | editar a fonte]

Entre a numerosa colección, con algúns escudos do século XV, existente salientan:

  • Arco heráldico: conxunto pétreo formado por un arco de medio punto cuxas setes doelas conteñen os escudos de armas das familias nobre galegas: García, Ribeira, Lousada, Ozores, Ribadeneira, Quiroga, Valcárcel, Bolaño, Sarmiento, Lemos, Soutomaior, Saavedra e Somoza.
  • Vila de Padrón: labra que amosa a lenda do traslado do corpo do apóstolo Santiago a Compostela. Aos lados atópanse dous leóns en baixorrelevo, un reloxo de sol e unha fonte co cano de pedra e rostro humano.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]