Representa a princesa fenicia Europa da mitoloxía grega da cabalo dun touro, todo en bronce. Ten 7 metros de alto e pesa 1500 quilos. A escultura érguese sobre unha rocha de granito que fica no medio dun pequeno encoro con chafarices. A obra supón tecnicamente un logro, xa que consegue unha sorprendente sensación aérea a través das cavidades e baleirados das figuras.[1]
A figura simboliza o rapto de Europa. Aparece o deus Zeus transformado en touro e sobre el a deusa da mitoloxía grega, Europa, coa bandeira da Unión Europea.
[2] Europa era unha princesa fenicia, á que Zeus raptou convertido nun touro branco. Esta lenda foi moi representada na arte ao longo da historia.