A Dobrada, Vigo, Vigo
A Dobrada | |
---|---|
Igrexa parroquial de Nosa Señora da Paz | |
Concello | Vigo |
A Dobrada[1] é un barrio urbano de Vigo, situado en terreos da parroquia histórica de Lavadores[2], no concello de Vigo, na comarca de Vigo. Ten unha poboación aproximada de 40.000 habitantes.[3]
Poboación[editar | editar a fonte]
É o barrio de maior densidade de poboación de Galicia.[3] Trátase fundamentalmente dun barrio residencial.[3]
As vías principais do barrio foron dedicados en 1986 aos alcaldes Gregorio Espino e Emilio Martínez Garrido.[4] Outras rúas levan nome de aves[4]: Gaivota, Corvo Mariño, Anduriña, Pardal, Canario, Xílgaro, Estorniño, Merlo, Bubela, Mazarico, Aguia, Azor, Pardillo, Pega, Perdiz, Faisán, Rola, Papuxa, Verderol, Reiseñor, Carrizo, Becacina, ademais de Bolboreta e Morcego.[5]
Toponimia[editar | editar a fonte]
Debe o seu nome á aldea que existía neste lugar antes de se urbanizar.[1]
División eclesiástica[editar | editar a fonte]
Eclesiasticamente, adscríbese á parroquia da Nosa Señora da Paz.[6]
Edificios[editar | editar a fonte]
Destaca o CEIP da Dobrada e o Centro de Especiales da Dobrada.
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
-
CEIP A Dobrada
-
Centro de Saúde da Dobrada
-
Cruceiro
-
Igrexa de Nosa Señora da Paz
-
Sinais das avenidas de Adolfo Gregorio Espino e de Emilio Martínez Garrido
Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]
Lugares de Lavadores[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Lavadores no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
A Bagunda | Barreiro | A Bouciña | A Ceboleira | Cordeira | Curros | Gandariña | Gandarón | Naia | Pardavila | O Piñeiro | Sabaxáns | San Paio de Abaixo | Subride | Vilar |
Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "A Dobrada - 38274000195659". galicianomeada.xunta.gal. Consultado o 2023-10-07.
- ↑ Sestay Martínez, Iván (2010). Lavadores. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "En el barrio de A Doblada, en Vigo, el de mayor densidad de Galicia: «Esta torre tiene 16 plantas y solo 5 vecinos me vienen a comprar»". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-01-02. Consultado o 2023-10-07.
- ↑ 4,0 4,1 "El Vigo oculto". vigooculto.blogspot.com (en castelán). Consultado o 2023-10-07.
- ↑ Currás, Víctor P. (2023-01-18). "Inaugurada la humanización más "ornitológica" de Vigo". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2023-10-07.
- ↑ "Nuestra Señora de la Paz". DIOCESE TUI-VIGO. Consultado o 2023-10-07.