Século III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

século II < século III > século IV

Período de tempo que transcorre entre o 1 de xaneiro de 201 e o 31 de decembro de 300 da era cristiá.

Acontecementos importantes

O Imperio Romano enfróntase a un período de tentativas bárbaras de invasión. Tamén, no leste, o Imperio Persa ameaza as provincias de Siria e Asia Menor. Isto é debido á falta de liderado e ós enfrontamentos entre xenerais polo poder imperial que segue á morte de Marco Aurelio (180). Ademais, os maiores gastos militares farán aumenta-los impostos xa que o tempo das conquistas pasou: o Imperio chegou a súa máxima expansión territorial con Marco Aurelio. Tras un largo período de enfrontamentos internos e externos, agravados pola crise económica, o Imperio rexurdiría parte do seu esplendor no século seguinte, pero as fendas xa estaban abertas, os xermanos eran unha realidade e ningunha nova campaña de conquista víase factible.

Personaxes destacadas

  • Aureliano, emperador romano (270-275), o primeiro en chamarse dominus et deus (señor e deus), defendeu o culto ó Sol.
  • Diocleciano, emperador romano (284-305). Organizou o territorio de forma que o gobernasen catro persoas (tetrarquía), estableceu dúas capitais: Milán e Nicomedia.