Saltar ao contido

Hospital Álvaro Cunqueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Hospital Álvaro Cunqueiro
Vigo Editar o valor en Wikidata
Fachada oeste, en 2014, en obras.
 Instancia de
 Epónimo
Persoas e organizacións
 Operador/a
 Arquitecto/a
Luis Vidal e asociados
Dimensión
Número de camas1.465 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Localización
 Código postal
36312 Editar o valor en Wikidata
 Enderezo
Clara Campoamor, 341 Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+34-986-81-11-11 Editar o valor en Wikidata
Redes
Dialnet: 4033949
Wikidata C:Commons

O Hospital Álvaro Cunqueiro é un hospital pertencente ao Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, inaugurado no ano 2015 e situado na parroquia de Beade, preto da confluencia coas parroquias de Valadares e Matamá, destinado a atender unha área sanitaria de preto de 600.000 persoas, a maior de Galicia. Co seu nome homenaxea o escritor Álvaro Cunqueiro.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A construción é deseño do estudo do arquitecto catalán Luis Vidal (Barcelona, 1969) e ten certificación medio ambiental BREEAM.[3]

Inauguración

[editar | editar a fonte]
Manifestación en Vigo en setembro do 2015

O primeiro paciente, ambulatorio, foi atendido o 29 de xuño de 2015. Os primeiros ingresos fixéronse o 24 de agosto.

O servizo de urxencias estaba previsto que abrira o 4 de setembro[4] pero debido ás présas, caos deficiencias do Álvaro Cunqueiro, atrasáronse o traslado de pacientes e as urxencias.[5][6] Finalmente o servizo de urxencias abriu o día 24 de setembro.[7]

As sospeitas de contaminación ambiental[8] demoraron o proceso de posta en funcionamento, tanto polo que respecta ás operacións (a primeira estaba programada para o 31 de agosto, e non se realizou) ou para o servizo de Urxencias (programada a apertura para o 3 de setembro, que tampouco se produciu).

Neses días da inauguración producíronse declaracións de protesta e unha manifestación o 3 de setembro contra o proceso de apertura (200.000 manifestantes segundo convocantes e policía local): os manifestantes protestaban porque a inauguración non fixera na práctica aumentar o número de camas hospitalarias, o hospital non contase con laboratorio propio e porque os servizos de restauración, limpeza ou aparcadoiros fosen contratos con empresas privadas.[9][10]. Neses días faleceu unha paciente hepática infectada por Aspergillus,[11] se ben as fontes do hospital sinalaron que a infección se producira antes da hospitalización.[12].

Transporte urbano

[editar | editar a fonte]

Liñas de Vitrasa en días laborables.[13]

H1 [1] Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.   García Barbón → Policarpo Sanz → Pi i Margall → Pza. AméricaCastrelos

H2 [2] Arquivado 15 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.   Gregorio Espino, 79 (Estación de autobuses) → Trav. de Vigo → Pizarro → Pza. España → Gran Vía → Pza. AméricaCastrelos

H [3] Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.   NaviaBouzas → C. Veiga → Tomás A. Alonso → r/ Coruña → Avda. Fragoso → BalaídosCastrelos

L6 [4] Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.   Pza. España → Trav. de Vigo → Martínez Garrido → BembriveBeade

L12B [5] Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.   Meixoeiro → Avda. Madrid (Estación de autobuses) → Pza. España → Policarpo Sanz → Camelias → Pza. AméricaCastrelos

L18 [6] Arquivado 30 de xaneiro de 2016 en Wayback Machine.   Gran Vía → Pza. España → Emilia Pardo Bazán → Sárdoma → Carneiras →

Sábados, domingos e festivos: Unicamente H2 e L12B.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Hospital Álvaro Cunqueiro visto dende Valadares.
  1. Plan integral da área de Vigo
  2. Future Health Project Award Winners 2012 Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine. (en inglés).
  3. «El nuevo Hospital de Vigo, certificado BREEAM® en Fase de Diseño» Arquivado 28 de setembro de 2015 en Wayback Machine. 26/1/2015.
  4. "El nuevo hospital atenderá todas las urgencias del área a partir del 4 de septiembre". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 17 de maio de 2017. 
  5. Trabajadores y pacientes dan la cara para denunciar "caos" y deficiencias en el Cunqueiro
  6. El nuevo hospital atenderá todas las urgencias del área a partir del 4 de septiembre
  7. Mañana abren las urgencias en el Cunqueiro y el Xeral se cierra
  8. A. Blasco (4/9/2015). "Vigo y su área toman la calle para "recuperar" una sanidad pública de calidad". Faro de Vigo (en castelán). 
  9. David Lombao (4/9/2015). "A sanidade e o leite abren dúas vías de auga na xestión da Xunta". Praza Pública. 
  10. Domingos Sampedro / Anxo Paniagua (4/9/2015). "O PP ofrece a comparecencia da conselleira de Sanidade, pero o PSOE reclama a de Feijoo". La Voz de Galicia (en castelán). 
  11. A. Blasco (3/9/2015). "Hallan aspergillus en una mujer muerta en la UCI del Cunqueiro que sufría una dolencia hepática". Faro de Vigo (en castelán). 
  12. Jorge Bravo (3/9/2015). "El Sergas niega que la fallecida se infectase en el nuevo hospital vigués". La Voz de Galicia (en castelán). 
  13. Servizo ós hospitais Arquivado 28 de decembro de 2015 en Wayback Machine. Vitrasa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]