Lavadores, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lavadores
Igrexa de Santa Cristina de Lavadores, Vigo.jpg
Igrexa de Santa Cristina de Lavadores.
Situación Lavadores, Vigo.PNG
ConcelloVigo
Poboación17.878 hab. (2013)
Entidades de poboación15
O arco da vella en Lavadores.

Santa Cristina de Lavadores na actualidade é unha parroquia do concello de Vigo, pero entre 1836 e 1941 foi un concello independente composto polas parroquias de Santa Cristina de Lavadores, Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, San Paio[1], Sárdoma e Vigo Centro, e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. En 1941 o Concello foi anexionado ao Concello de Vigo.

Como a actual parroquia que é, súas entidades de poboación son A Bagunda (2.806), Barreiro (1.399), A Bouciña (1.897), A Ceboleira (3.007), Cordeira (291), Curros (313), Gandariña (367), Gandarón (41), Naia (529), Pardavila (3.700), O Piñeiro (313), Sabaxáns (755), San Paio de Abaixo (572), Subride (328) e Vilar (349). Os lugares (que adoitan formar parte dalgunhas das entidades) son Areeiro, Brea, Cambeses, Caride, Coutada Nova, O Couto, Folón, Fontáns, Medeiros, Pateira, Porvelo, Riomao, O Rosal Florido, Roteas, Sobreiro e O Tixolo.

Segundo o traballo do filólogo Iván Sestay Martínez, Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores, a parroquia divídese en oito barrios históricos: O Caride, San Paio, Riomau, Pardavila, A Bouciña, A Bagunda, Sabaxáns e A Gandariña. Estes, á súa vez, subdivídense en 30 lugares históricos ou subaldeas.

Historia[editar | editar a fonte]

Nos seus altos consérvanse esteos de varios dolmens en mal estado, así como achados soltos de machados de cuarzo paleolíticas.

Foi concello independente durante 104 anos. Creouse en 1836 dentro dun proxecto que pretendía a racionalización e centralización político-administrativa dos concellos da Provincia de Pontevedra. A súa creación supuxo a desaparición do antigo concello do Fragoso, dividíndose as súas parroquias entre os concellos de Vigo, Bouzas e o novo de Lavadores. En 1941 foi anexionado ao concello de Vigo. Durante os 10 primeiros anos da súa vida, formaban parte do concello as parroquias de Santa Cristina (a que é hoxe en día a parroquia de Lavadores), Candeán, Cabral, Beade, Bembrive, Valadares e Zamáns. En 1846 a parroquia de Teis segregouse de Vigo e pasou a formar parte de Lavadores.

O Concello de Lavadores foi o primeiro concello de Galiza onde se derrotou electoralmente a un candidato caciquil. Foi nas eleccións municipais de 1914 onde resultou elexido como alcalde Julián Estevez, dirixente do Sindicato de Agricultores de Teis. Esta victoria electoral fala de importancia e da potencia que as organización agrarias tiñan no antigo Concello, de feito tanto a Sociedade de Agricultores de Lavadores como o Sindicato de Agricultores de Teis foron referencias para os labregos galegos entre 1900 e 1936[2].

O desenvolvemento da actividade industrial no veciño Concello de Vigo dende as primeiras décadas do século XX fixo que o Concello e as parroquias de Santa Cirstina e máis Teis experimentaran unha serie de transformacións, converténdose pouco a pouco nun espazo a cabalo entre o mundo rural e o mundo urbano. Precisamente por isto, a parroquia experimenta un gran presenta de actividade político-sindical, con importantísimos núcleos tanto do PSOE, da CNT, como do PCE o que lle valdría o sobrenome da Rusia pequena ou ruisa chiquita.

Foi o último reduto de resistencia fronte ás tropas da guarnición e do castelo do castro de Vigo contra as barricadas obreiras, que comezou trala lectura do bando de estado de guerra na Porta do sol de Vigo e rematou co abandono das barricadas fronte ó cuartel da garda civil de Pardavila, onde foran asediados polo exército e a Garda Civil. Desde alí botáronse ó monte os superviventes da resistencia antigolpista de 1936.

A actual igrexa, construída no século XIX, ocupa o lugar dun antigo templo do século XII do cal quedan varios canzorros no tellado. Na porta principal da igrexa gárdase o Cristo do antigo cruceiro que deu nome ó barrio do Calvario. Preto da igrexa atópase o pazo de Rivera Atienza, actualmente convertido en escola-taller.

Deportes[editar | editar a fonte]

Ten instalacións deportivas de relevancia na zona de Ceboleira. Unha piscina cuberta e un pavillón de deportes de parqué. Na parte alta está o Estadio Municipal de Barreiro onde xogaba o Turista e agora xoga o Gran Peña e o Celta B. Enfronte do campo de fútbol estaba o Cuartel de Barreiro, que durante anos acolleu varias compañías do exercito, e ó seu carón había un coñecido baile, A Palmera.

O maior logro dun equipo de fútbol de Lavadores acadouno o Unión Sporting Club, entidade nacida en 1922 pola fusión do Victoria Sporting Club e máis o Club Comercial, que militou na 2ª División da liga española na campaña 1935/36.

No aspecto deportivo cabe nomear a Unión Balonmán Lavadores de balonmán, o AD Lavadores CF de fútbol e o Nieto CF, que xogan non Campo do Meixoeiro. O club de balonmán acadou éxitos deportivos na década pasada, acadando o seu cumio na primeira nacional durante anos na parte alta desa categoría. Na actualidade milita na 2ª división nacional, salientando o gran número de xogadores saídos da canteira.

Música tradicional[editar | editar a fonte]

Na música tradicional, contou cun dos cuartetos de Gaiteiros máis coñecidos na Galicia da posguerra, como foron Os Morenos de Lavadores. Existe un monólito adicado ao grupo nos xardíns da sede veciñal na rúa Ramón Nieto, ademais dunha praza no Camiño do Sobreiro, de onde eran orixinarios.

Festas[editar | editar a fonte]

A parroquia de Lavadores antigamente tiña varias festas o longo do ano: Santa Lucía, Lourdes, Nosa Señora do Carmen e a festa da patroa Santa Cristina que se celebra o día 24 de xullo, ademais da Nosa Señora do Rosario, o primeiro domingo do mes de outubro. Actualmente, estas dúas últimas son as únicas que seguen celebrándose. Tamén existe a procesión do Corpus Christi, celebrada na segunda quincena do mes de xuño e na que os veciños dos barrios de Fontáns e Pardavila confeccionan alfombras con varios altares.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santa Cristina de Lavadores. 
Igrexa de Santa Cristina de Lavadores. 
Fábrica de Santa Clara. 
Avenida de Ramón Nieto, antiga estrada N-120

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Lavadores[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Lavadores no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra

A Bagunda | Barreiro | A Bouciña | A Ceboleira | Cordeira | Curros | Gandariña | Gandarón | Naia | Pardavila | O Piñeiro | Sabaxáns | San Paio de Abaixo | Subride | Vilar

Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | San Xoán do Monte (San Xoán) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo Centro | Zamáns (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Historicamente é considerada parte de Lavadores e así se reflicte na obra citada na Bibliografía
  2. Roman Lago, Isidro (1998). "Os campesiños de Lavadores. Estructura social e articulación política, 1923-1931". A Nosa Terra. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Xesús Giráldez Rivero (2007). O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-281-1. 
  • Sestay Martínez, Iván. (2010) Toponimia do Val do Fragoso 2. Lavadores. Servizo de Publicacións da Universidade de Vigo.

Outros artigos[editar | editar a fonte]