Casas de Oya
Casas de Oya | ||||
---|---|---|---|---|
Casas de Oya, hoxe convertido en hotel | ||||
Tipo | edificio ![]() | |||
Estilo | Eclecticismo | |||
Persoas e organizacións | ||||
Ocupante | NH Collection Vigo ![]() | |||
Promotor/a | Xosé García Barbón | |||
Arquitecto/a | Michel Pacewicz | |||
Datas | ||||
Fundación | 1904 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Vigo ![]() | |||
Localización | Avenida García Barbón Vigo (Galiza) | |||
Contacto | ||||
Redes | ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Casas de Oya é un edificio de 1904 obra do arquitecto galo Michel Pacewicz, que se atopa na avenida García Barbón (número 15, 17 e 19), no centro da cidade de Vigo. Hoxe en día é o Hotel NH Palacio de Vigo****.
Historia
[editar | editar a fonte]A obra encargáralla Xosé García Barbón ao arquitecto francés Michel Pacewicz, que daquela moraba en Vigo. Dimas Vallcorba asinou a obra no mes de febreiro de 1904 e Manuel Pérez Conde encargouse da obra.
Rehabilitárono en 1998 os arquitectos Alberto Iglesias Álvarez e María José Maldonado Tornero, respectando a arquitectura exterior e ampliando cun discreto andar adicional a xeito de faiado fechado, de forma que segue a salientar o coroamento e as bufardas do cume. Hoxe en día no edificio hai instalado un hotel, de catro estrelas, con 108 cuartos, o NH Palacio de Vigo.
Descrición e estilo
[editar | editar a fonte]Feito totalmente en cantaría de granito galego, o estilo do inmóbel de cinco andares é ecléctico con andares pouco individualizados e pouco perceptíbeis e representa un cambio na arquitectura de Pacewicz na cidade até a data. A diferenza doutras casa podentes da época, este edificio posúe simpleza ornamental, limpeza e uniformidade no seu estilo. Ten corte francés e base neobarroca de forte simetría. A fachada ten pouca ornamentación, agás o tratamento dos canzorros dos balcóns individualizados e miradoiros. O baixo é de cantaría con almofadado nas pilastras que soportan os arcos de medio punto. Os miradoiros do segundo andar teñen enfeites neoclásicos e pilastras con chapiteis xónicos que aturan un friso a xeito de entaboamento. A balconada corrida do primeiro e o último andar reforzan a horizontalidade do edificio. Salientan as catro grandes fiestras saíntes do segundo andar. O cumieiro da casa combina petrís e varandas de pedra de gra nas que se sitúan unhas bufardas rematadas en frontóns curvos e partidos enfeitados con volutas nos laterais inferiores.
A fachada principal e máis longa dá a García Barbón, a lateral, cara a rúa da República Arxentina é pequena, semellante á principal, mais cunha galería no primeiro andar de ferro cinsento, noutrora de madeira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Garrido Rodríguez, Jaime (1999): Arquitectura da pedra en Vigo. Arquitectura de la piedra en Vigo (bilingüe), páxinas 280-283 e 285. Construcións Conde, 2000, ISBN 84-605-9897-7.