Aeroporto de Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Vigo
Aeroporto de Peinador

Aeroporto de Vigo pola noite.jpg

IATA: VGO – ICAO: LEVX
Sumario
Tipo Civil
Propietario AENA
Cidade/Illa Vigo
Localización Peinador, Cabral
Coordenadas 42°13′54″N 08°37′36″O / 42.23167, -8.62667Coordenadas: 42°13′54″N 08°37′36″O / 42.23167, -8.62667
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
01/19[1] 2400x45 7874x148 Asfalto
Estatísticas (2011)
Número de pasaxeiros 976 152
Operacións 14 130
Carga (ton.) 1 113
Torre.

O Aeroporto Internacional de Vigo-Peinador (IATA: VGOOACI: LEVX) é un aeroporto galego situado en terreos dos concellos de Mos, Redondela e Vigo. Está situado a nove quilómetros do centro desta última cidade. Conta cunha ampla oferta de viaxes regulares a Madrid, Barcelona, Bilbao, Canarias e París, ademais dos voos chárter. É o segundo aeroporto galego por número de pasaxeiros, voos e transporte de mercadorías por detrás do Aeroporto da Lavacolla e por diante do Aeroporto de Alvedro. Na actualidade rexistra unha forte competencia co Aeroporto de Sá Carneiro de Porto (Portugal). Recibe o seu nome, Peinador, do lugar de Peinador, na parroquia de Cabral.

Horario[editar | editar a fonte]

A terminal de pasaxeiros do aeroporto de Peinador abre de 05:30AM a 01:30AM todos os días da semana.

Historia[editar | editar a fonte]

A aviación fixo a súa aparición en Vigo en 1911 cun espectáculo aéreo levado a cabo polo francés Jules Verdines. Dúas novas festas da aviación tiveron lugar no 1913 en Coia, e tamén en 1919 na praia de Panxón (Nigrán).

Ata os anos vinte, non se propón con fins comerciais. Por entón, Vigo foi o último porto europeo usado acotío polos vapores con destino e procedencia de Sudamérica, polo que transportaban toda a correspondencia. Por isto, a Comisión Técnica de Correo Aéreo estableceu unha ruta Madrid-Salamanca-O Porto-Vigo que, porén, nunca chegou a adxudicarse.

No 1927, o Goberno considerou de interese xeral a construción dun aeródromo con carácter aduaneiro en Galiza. Ao mesmo tempo, o porto de Vigo foi habilitado para a hidroaviación. En marzo do 1929, abriuse ao tráfico aéreo oficial para a hidroaviación o porto marítimo e a baía de Vigo. Como complemento a estas instalacións, decidiuse construír un "aeroporto marítimo" na praia de Cesantes, no municipio de Redondela.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Accidente do 1994[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Accidente de Peinador.

O accidente de Peinador foi o terceiro accidente de importancia na historia da aviación comercial en Galicia. O 21 de marzo de 1994, o avión DC-9 da compañía Aviaco que cubría a liña regular dende Madrid co aeroporto de Peinador (Vigo), tomou terra uns 75 m antes do comezo da pista. Non houbo vítimas mortais.

Compañías aéreas[editar | editar a fonte]

Mostradores de facturación.

As compañías aéreas que operan no Aeroporto de Peinador son:

Aeroliñas Destinos
Air Europa España Madrid
Estacional: Tenerife–Sur
Air Nostrum España Bilbao
Estacional: Londres-Luton, Gran Canaria, Sevilla, Málaga, Roma–Fiumicino, Bruxelas, Alacant, Menorca, Valencia
Iberia España Madrid–Barajas
Estacional: Tenerife–Norte
Ryanair Flag of Ireland.svg Barcelona–El Prat
Estacional: Dublín, Boloña, Edimburgo
TAP Express Flag of Portugal.svg Lisboa
Volotea España Estacional: Palma de Mallorca, Eivisa, Valencia
Vueling España Barcelona–El Prat

Conta con dúas tendas, tres aparcadoiros e acceso mediante a liña 9A dos autobuses Vitrasa, aínda que tamén varias compañías de alugueiro de vehículos están incluídas nas súas instalacións:

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aeroporto de Vigo Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]