San Paio, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Paio de Fóra
ConcelloVigo[2]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°14′06″N 8°41′25″O / 42.235027777778, -8.6901388888889Coordenadas: 42°14′06″N 8°41′25″O / 42.235027777778, -8.6901388888889
Entidades de poboación2[2]
editar datos en Wikidata ]

San Paio de Fóra, eclesiasticamente San Paio de Lavadores[3], é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Candeán, Lavadores, San Xoán do Monte, Teis e a cidade de Vigo e pertence ó arciprestado de Vigo-Lavadores. Ten 2 entidades de poboación, O Casal e San Paio.

Historia[editar | editar a fonte]

Ata a década de 1970 era un dos barrios máis poboados da parroquia de Lavadores e aínda hoxe se percibe o sentimento de pertenza á devandita parroquia entre a veciñanza[4]. Posteriormente independizouse como parroquia eclesiástica[3]. O Nomenclátor de Galicia recolle esta freguesía[5]. Porén, no Nomenclátor Estatístico de Galicia do IGE, a súa poboación contabilízase xa dentro da cidade de Vigo[6].

Sitúase nun prominente outeiro, entre as actuais Avenida do Aeroporto e a Rúa de Cantabria[4].

A igrexa parroquial actual data da década de 1950. Este haxiónimo deriva de SANCT' PELAGIUM, quizais pola presenza dunha vella ermida no lugar baixo a advocación de San Paio.[4]

San Paio, no mapa de parroquias eclesiásticas do concello de Vigo.

Conserva un peto de ánimas do século XIX, nun conxunto de casas antigas, e un par de lavadoiros.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Tódalas imaxes do artigo están xeolocalizadas. Máis información premendo nelas.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de San Paio[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de San Paio no concello de Vigo (Pontevedra)

O Casal | San Paio

Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vigoetnografico.com.es (en castelán).
  2. 2,0 2,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  3. 3,0 3,1 "San Paio de Lavadores". DIOCESE TUI-VIGO (en castelán). Consultado o 2023-09-08. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Sestay Martínez, Iván (2010). Toponimia do Val de Fragoso. Lavadores. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 10-11, 164-165. 
  5. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-09-08. 
  6. "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-08. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • San Paio na páxina do Concello de Vigo.