O Sereo
| O Sereo | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Vigo | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Xénero artístico
| |||||||||||
|
Material usado
| |||||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||||
|
Creador/a
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons |
O Sereo[1] (aludida en ocasións co castelanismo O Sireno[2]) é unha escultura realizada polo escultor cambadés Francisco Leiro que se atopa no centro da Porta do Sol, no centro da cidade de Vigo, fronte ao Edificio Simeón. O nome que o autor lle puxo a obra é Home Peixe.[3]
Descrición
[editar | editar a fonte]Ergueuse no ano 1991, xunto con moitas outras esculturas da cidade, coma Os cabalos da Praza de España, a Porta do Atlántico nas Travesas (Praza de América), O rapto de Europa en Samil ou o Monumento ao traballo na Gran Vía. É xa unha icona da cidade, porén unha das obras máis polémicas que divide en opinións a cidadanía de Vigo.[Cómpre referencia] A figura antropomorfa, o Sereo en si, está realizado en aceiro inoxidable e representa un personaxe imaxinario híbrido entre peixe e home. Non ten brazos, mais si pernas e pés, unha gran testa cun gran nariz e escamas polo corpo. Aséntase sobor dúas columnas de granito negro puído de 11 metros de altura.[4] O Sereo vixía a cidade e olla o porto e o mar de Vigo a través da rúa Carral.[5]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Edificio Simeón co Sereo.
-
Detalle.
-
Detalle superior dende a rúa Elduayen.
-
Placa trilingüe da escultura, polo Concello de Vigo.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha da escultura en Turismodevigo.org.
- ↑ Na propia placa da escultura colocada polo Concello de Vigo aparece o castelanismo
- ↑ «"Tempo" de Leiro en el campus» Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine.: ""Se llama Sireno porque la gente así lo decidió al verla pero yo no le puse ese nombre sino que le llamé Home Peixe…"
- ↑ Hoxe.vigo.org
- ↑ Turismodevigo.org
- ↑ «Patrimonio diseña un circuito urbano por los edificios históricos del centro de la ciudad»
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Sereo |
