As Travesas, Coia, Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
As Travesas
A praza de América, tamén chamada praza das Travesas.
ConcelloVigo
Coordenadas42°13′14″N 8°43′58″O / 42.220627777778, -8.7327944444444Coordenadas: 42°13′14″N 8°43′58″O / 42.220627777778, -8.7327944444444
editar datos en Wikidata ]

As Travesas é un barrio urbano da parroquia de Coia, no concello pontevedrés de Vigo, na comarca de Vigo.

Segundo Iván Sestay, As Travesas nunca foi un barrio da vella parroquia de Coia, senón que se trataba dun lugar repartido entre os barrios do Chouso, Quintela e Peniche.[1] Tamén indica que a difusión deste topónimo goza de moita vitalidade dende o século XX. A praza de América é coñecida tamén por este nome, e o topónimo abrangue unha extensión meirande cá histórica[1]. Nesta praza atópase A Porta do Atlántico.

Documéntase dende o século XVI. Deriva seguramente da redución de As Leiras Travesas, é dicir, unhas veigas atravesadas, dispostas en dirección contraria[1].

O Nomenclátor de Galicia, inclúeo como lugar da parroquia de San Tomé de Freixeiro[2], aínda que o IGE non o recolle[3].

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Coia[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Coia no concello de Vigo (Pontevedra)

O Adro | O Castro Castriño | O Chouzo | Esturáns

Parroquias de Vigo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Vigo

Alcabre (Santa Baia) | Beade (Santo Estevo) | Bembrive (Santiago) | Bouzas (San Miguel) | Cabral (Santa Mariña) | Candeán (San Cristovo) | Castrelos (Santa María) | Cíes | Coia (San Martiño) | Santo André de Comesaña (Santo André) | Coruxo (San Salvador) | A Florida (Santo Antonio) | Freixeiro (San Tomé) | Lavadores (Santa Cristina) | Matamá (San Pedro) | Navia (San Paio) | Oia (San Miguel) | Saiáns (San Xurxo) | San Paio (San Paio de Fóra) | Sárdoma (San Pedro) | Teis (San Salvador) | Valadares (Santo André) | Vigo | Zamáns (San Mamede)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Sestay Martínez, Iván (2008). Toponimia do Val do Fragoso. Coia. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 16, 108. 
  2. "Nomenclátor - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2023-09-07. 
  3. "Nomenclátor estatístico de Galicia". www.ige.gal. Consultado o 2023-09-07. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]