Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pesca 1 da Xunta de Galicia, no
2009 .
Canadair do EA español no FAV 2009.
O Festival Aéreo de Vigo foi un festival celebrado dende 2004 ata 2012 na cidade de Vigo .[ 1] Tiña lugar nun domingo da segunda quincena dos meses de xullo .
O festival era un espectáculo público, de participación internacional e gratuíto, que se facía na praia de Samil , inda que era perfectamente visible dende outros lugares próximos.
Cheganban a participar máis de cincuenta aeronaves , entre as habituais están a Patrulla Águila , os Canadair CL-215 , EF-18 Hornet e a patrulla PAPEA (paracaidista) do Exército do Aire español , o helicóptero Sikorsky S-76C+ Pesca 1 da Xunta de Galicia , as patrullas Asas e Rotores de Portugal , outros paracaidistas, patrullas francesas , italianas e diferentes aparatos acrobáticos.
Inda en cada edición sempre había algunha aparición sorpresa, coma os A-10 Thunderbolt II ou B-52 Stratofortress da USAF , Harrier da Armada española , Eurofighter etc.
Despois de que o concello da cidade renunciara a organizar as edicións de 2013 e 2014, o festival pasou a celebrarse na cidade da Coruña.
Flip-flap do par da patrulla Águila , 2004.
Federación Campos de voo
Aeroliñas comerciais operando en GaliciaAccidentes Eventos anuais
Inmobles
Edificios civís Edificios relixiosos Hospitais Arqueoloxía Fortificacións Monumentos e esculturas
Arte e cultura
Deporte e instalacións Natureza Transportes Outros artigos Eventos