A Fundación Carlos Casares foi promovida por familiares a amigos do escritor despois da morte deste. Constituíuse o 9 de setembro de 2002 na cidade de Vigo.[1]
No ano 2004 a Fundación abriu en Ourense, cidade natal do escritor, o Centro de Estudos Carlos Casares,[3], sen actividade pública de seu, coordinado por Marcos Valcárcel (ata o seu pasamento en 2010) e a partir de 2011 por Delfín Caseiro.[4]
Velar polo estudo e difusión da obra de Carlos Casares e preservar a súa biblioteca, o seu arquivo e as súas coleccións.
Promover e difundir o legado casariano no que atinxe ao desenvolvemento cívico, social e cultural de Galicia, sustentado na comunicación, o diálogo e a tolerancia
Constituírse como entidade mediadora entre a cultura galega e a cultura universal dende criterios de apertura, pluralismo e respecto á diversidade cultural.
Apoiar iniciativas culturais de promoción da lingua e da cultura galega tanto dentro de Galicia como fóra dela.
Encontros de Mondariz Balneario: Foros de debate sobre problemas cotiás.
Diálogos literarios do Gaiás: Encontro entre escritores galegos e doutros recantos do mundo.
Curso de Comunicación Audiovisual de Celanova: Curso organizado pola Fundación en colaboración coa Universidade de Vigo - Campus de Ourense.
Café Voltaire - O sabor das letras: Xuntanzas gastronómicas que teñen como pé referencias literarias.
O Xogo do Papapío: Proposta didáctica interactiva para centros de Primaria para dar a coñecer a figura de Carlos Casares.
Os mundos de Carlos Casares e O Principiño ao redor do mundo. A colección de Carlos Casares: exposicións de obxectos e coleccións do escritor ourensán que circulan por colexios, bibliotecas, museos etc.