Rúa do Príncipe
rúa do Príncipe | |
---|---|
Negocios comerciais na rúa do Príncipe. | |
Localización | |
Inicio | rúa de Urzaiz |
Fin | Porta do Sol |
A rúa do Príncipe é unha rúa de Vigo. Debe o seu nome a honrar a Afonso XII de España, fillo de Isabel II de España, daquela Príncipe de Asturias, e foi inaugurada en 1861. Constitúe un dos primeiros e mais importantes centros do comercio da cidade, con grandes baixos comerciais, empresas do comercio téxtil e de moda. Atópase moi próximo á paralela rúa do Progreso, formando un verdadeiro centro comercial aberto onde abundan negocios, mercados de abastos e outro tipo de locais. Nesta rúa tamén se atopan edificos históricos, como A Sede do Real Club Celta de Vigo ou o museo MARCO.
A rúa do Príncipe comeza no farol de Urzaiz, situado na rúa homónima e remata na praza da Porta do Sol. En todo o seu percorrido, totalmente peonil, entrecrúzanse diferentes rúas perpendiculares. Son, na seguinte orde, a ronda de Don Bosco, a rúa de Londres, as rúas de Velázquez Moreno, Eduardo Iglesias, López de Neira e Doutor Cadaval.
Historia
[editar | editar a fonte]A rúa do Príncipe foi inagurada no ano 1861 tras a reforma e urbanización da estrada que existía previamente. Constituiu a primeira rúa urbanizada extramuros da antiga Muralla de Vigo[a], que comezara a ser derrubada tres anos antes, no 1858.
Así, o bando municipal que inauguraba públicamente a rúa rezaba o seguinte:
O concello dáse por enterado dunha instancia que os veciños da daquela estrada que, partindo da Porta do Sol, dirixíase cara o Arenal, elevan á Corporación, pedindo que se denomina a aquela como rúa do Príncipe, na honra do príncipe de Asturias, futuro Afonso XII.Bando municipal
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Rúa do Príncipe nunha postal de Eugenio Krapf.
-
Museo MARCO.
-
Museo MARCO.
-
Rúa de Príncipe desde a Porta do Sol.
-
A Sede, edificio administrativo do Real Club Celta de Vigo.
-
Farol de Urzaiz, o inicio da rúa do Príncipe.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rúa do Príncipe |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Plan Especial de Protección do Ensanche e a Cidade Central Concello de Vigo, 2007.
- Álvarez Blázquez, Xosé María (1960). La Ciudad y los días. Calendario histórico de Vigo. Editorial Monterrey (en castelán).
- Nadal Yuste, Paco (2014). Rías Baixas. Escapadas p. 25. Barcelona, Penguin Random House. ISBN 978-84-03-51222-1 (en castelán).
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Rúa do Príncipe" Concello de Vigo.