Estación de Vigo-Guixar
| Vigo-Guixar | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
|
Instalacións
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Transporte | |||||||||
|
Servizo de conexión
| |||||||||
|
Código de estación
| |||||||||
|
Estación adxacente
| |||||||||
|
Liñas ferroviarias
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
A Estación de Vigo-Guixar é unha estación de ferrocarril de Adif da cidade de Vigo. Ten servizos de longa e media distancia, mentres que os servizos de alta velocidade chegan á estación de Vigo-Urzáiz.
Historia
[editar | editar a fonte]Situada na rúa Areal do lugar de Guixar (parroquia histórica de Teis), tradicionalmente destinouse ó tráfico de mercadorías da zona portuaria da cidade. Foi reconstruída para acoller tráfico de pasaxeiros por mor do desmantelamento da Estación de Vigo-Urzáiz. Nesta última edificouse unha nova estación que acolle, entre outros, os servizos de alta velocidade.
As obras para a súa construción iniciáronse en marzo de 2010[1] e concluíron pouco máis dun ano despois en agosto do 2011. A estación inaugurouse o 27 de agosto de 2011.[2] O orzamento inicial de 11 millóns de euros acabou alcanzando os 17,5 millóns de euros unha vez rematada a obra.[2]
Aínda que inicialmente se proxectou como unha estación provisional mentres duraran as obras da principal estación da cidade, a de Urzáiz, finalmente optouse por manter as dúas estacións, unha para trens de vía convencional e a outra para servizos de alta velocidade maioritariamente.[3]
Servizos ferroviarios
[editar | editar a fonte]Longa Distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 10 de xuño de 2016.
Media distancia
[editar | editar a fonte]Actualizados a 10 de xuño de 2016.
| Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
|---|---|---|---|---|
| Intercity | Madrid-Chamartín | <> | Vigo-Guixar | |
| 1 | MD | A Coruña Santiago de Compostela Pontevedra |
Vigo-Guixar | |
| 3 | Rexional Exprés Rexional Internacional |
Porto-Campanhã | Vigo-Guixar | |
| 6 | Rexional Exprés | León Ponferrada Ourense-Empalme |
<> | Vigo-Guixar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A estación provisional de Guixar comeza a tomar forma coa cimentación Faro de Vigo
- 1 2 O Ministro de Fomento pon en servizo a nova estación de Vigo-Guixar Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento
- ↑ Urzaiz, rápido; Guixar, lento La Voz de Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Vigo-Guixar |